Lumes nunca máis! A CIG exixe a dimisión de Feijóo pola súa “política forestal pirófita”

XornalGalicia  16 Octubre 2017  451 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O sector de Autonómica da CIG-Administración acusa a Xunta de manter unha política de improvisación no que ten que ver coa xestión dos lumes forestais e responsabiliza a Consellaría de Medio Rural de carecer dunha planificación xeral ao respecto. Diante disto reclámanlle aos seus reponsábeis a readaptación do servizo de extinción ás novas realidades do medio rural galego e invítanos/as a dimitir no caso e que non estean capacitados/as para abordar estas novas necesidades.

 

Dende a central aseguran que xa non teñen adxetivos para definir “os continuos bandazos aos que nos ten acostumados a Consellaría do Medio Rural na xestión dos lumes forestais” e lembran que levan varias campañas avisando “do novo tipo de lumes, da súa desestacionalización, das necesidades de adaptar o dispositivo aos novos escenarios, da modificación que esixía o paso a ser un servizo de emerxencias e da nula planificación en xeral existente”. 

A vaga de indendios deste outono colleu a Xunta en 'panos menores'

Como consecuencia, lamentan que a actual vaga de incendios deste autono collera a Xunta “en panos menores" co período de alto risco natural xa finalizado “e co mes extra que pode declarar xa gastado dende o mes de abril”. A isto hai que sumar que o reforzo de verán de tres meses -con persoal propio da Consellaría- levaba sete días xa na casa logo do seu cesamento, como sucede todos os meses de outubro dende o ano 2012.

Precisamente co obxectivo de aumentar o tempo de traballo deste colectivo, a CIG presentou dúas Proposicións non de lei (PNL) no Parlamento, ademais de continuas solicitudes á secretaría xeral técnica do Medio Rural e das máis de 70 sentenzas gañadas en primeira instancia para que pasaran a traballar un mínimo de nove meses e quedar así equiparados/as e amparados/as polo V convenio colectivo como o resto de compañeiros/as. “Solventaríase deste xeito unha situación de alegalidade para con eles/as, a maiores dun reforzo de dispositivo con xente de experiencia que implementaría a valorización dos recursos propios da Xunta”, sosteñen.

Improvisación e dimisións

A pesar disto, denuncian que nestes últimos días estanse a producir unha serie de improvisacións “que deixan ás claras a inoperancia e a falta de previsión dunha Consellaría que non está á altura das circunstancias”:

- Chamamentos de persoal con nocturnidade e aleivosía durante a fin de semana apenas cinco días despois de cesar 436 traballadores/as. Por impedimentos burocráticos xenerados pola propia Xunta, finalmente teñen que chamar a xente sen experiencia ao non poder optar o propio persoal de reforzo.

- Chamamento ao persoal de reforzo cinco días despois de despedilo. Iso sí, en dúas quendas: pola mañá só se ía chamar aproximadamente ao 50%, e pola tarde cambiaron de opinión e chamaron ao resto. A situación contractual que isto xenerará xa se improvisará cando toque. Hai que lembrar que varias veces se argumentaran trabas burocráticas por parte da Xunta para impedir a ampliación destes contratos. Milagrosamente agora é a propia Xunta a que os reinicia dun xeito que consideramos, cando menos, alegal.

- O 085 está a quedar desatendido nalgunhas quendas nocturnas dende principios de mes.

- Hai brigadas con todoterreos de substitución inoperativos nos lumes debido á nefasta xestión da secretaría xeral técnica, que é incapaz de facer unha previsión seria duns vehículos que se cambian cada cinco anos.

Polo tanto, dende a CIG esíxenlle a Medio Rural que faga os movementos necesarios para lograr unha readaptación do servizo ás novas realidades do rural galego. “É imprescindíbel asumir que desapareceron os conceptos de estacionalidade sobre os que pivota o dispositivo -non só arde no verán- , polo que o persoal debe de estar contratado tal e como recolle o convenio para dar resposta a esta nova realidade e poder facer unha prevención real e, por suposto, planificada”. E finalmente reclaman a dimisión dos responsábeis do departamento autonómico no caso de que non se vexan capacitados/as para xestionar estas novas necesidades

A CIG lamenta profundamente a morte das persoas que se viron atrapadas polos lumes descontrolados que asolaron esta noite montes e poboacións enteiras en distintos puntos de Galiza e nomeadamente de Pontevedra, Ourense e Lugo. Unha situación catastrófica da que a central sindical responsabiliza á “política forestal pirófita do Partido Popular”, pola que exixe a dimisión do presidente da Xunta. Chama ademais ás concentracións convocadas de urxencia por toda a xeografía galega.

Polo momento están confirmadas, para as 20:00 horas deste luns día 16 as concentracións que seguen, pero poderían ampliarse a máis localidades.

- Ourense: Casa de Chocolate.

- Vigo: Diante do Marco.

- A Coruña: Obelisco.

- Compostela: Praza do Toural.

- Lugo: Edificio Multiusos da Xunta.

- Pontevedra: Praza da Peregrina.

- Ferrol: Praza de Amada García.

- Cangas: Praza do Concello.

- Monforte: Praza de España.

- Ribeira: Praza do Concello.

- Cambados: Praza do Concello.

- Lalín: Praza de Lóriga.

- As Pontes: diante do Concello.

- O Carballiño: Praza Maior.

- Ribadavia: Praza Maior.

- Rianxo: Praza de Padrón.

- Betanzos: Praza do Concello.

- Verín: Praza do Concello.

- Nigrán: paseo da Ramallosa.

- Xinzo: diante do Concello

- A Guarda: Praza do Relón

- Castro Caldelas: Praza do Prado

- Redondela: Praza do Concello

- Foz: Praza do Concello

- Sada: Praza de San Roque

- Vilagarcía: Diante do Concello

- Viveiro: Praza Maior

- Ponteareas: Praza do Concello

- No Barco a concentración celebrarase ás 19h diante do Concello.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, responsabiliza da catátrofe que padeceu Galiza esta noite á política de abandono do rural propiciada polo Partido Popular e a política de eucaliptización promovida desde a Xunta de Galiza, condicionada polos intereses empresariais da pasteira ENCE.

Carril denuncia tamén a ausencia de políticas de prevención que manteñan os nosos montes limpos e a falta de previsión diante dunhas condicións climatolóxicas que se sabía desde hai xa varios días que eran as peores para a propagación de lumes: vento, seca e altas temperaturas. Por iso rexeita a versión oficial coa que desde o goberno do PP se pretende eludir responsabilidades atribuíndo a vaga de lumes ao “terrorismo incendiario”, cunha suposta trama organizada que tería provocado estes incendios ao longo do noso territorio. “Terrorista é quen permite unha ordenación do territorio e unha política forestal que favorece que o noso país arda polos catro costados”, afirma.

O secretario xeral da CIG tampouco considera serio que se responsabilice desta catástrofe ás autoridades portuguesas polos incendios que pasaron dunha banda a outra do Miño, tal e  como fixeron o Presidente e o vicepresidente da Xunta.

A CIG denuncia ademais que lonxe de se adoptar medidas “o Goberno do PP insiste en políticas suicidas pretendendo aprobar unha lei como a de Fomento de Implantación empresarial que afonda aínda máis na eucaliptización para atender aos intereses de Ence”.

Apagón informativo

Para a CIG resulta indignante a ausencia informativa dos medios de comunicación públicos galegos, que permaneceron alleos á gravísima situación na que vivía o país mantendo a programación enlatada que tiñan prevista para esa xornada sen dar sequera información das alertas que se sucederon ao longo da xornada e que puxeron en grave risco a poboacións enteiras eludindo o seu labor de servizo público.

Diante disto, a central sindical denuncia o uso partidista que o PP fai dos medios públicos e a obsesiva censura e manipulación informativa á que se ven sometidos.

Ao longo do día de onte púxose en evidencia, para esta central sindical, a falta de previsión, de organización, de medios e a incapacidade do goberno do PP para xestionar a situación mesmo dando advertencias ou recomendacións para circular por estradas (ou para fuxir das aldeas cercadas polo lume) provocándose así unha situación de aínda maior confusión, caos e pánico. Isto obrigou ao pobo galego a organizarse máis unha vez para suplir as carencias dunha administración incompetente que coa súa ineptitude deixou un regueiro de destrución e a lamentábel morte de tres persoas. Unha situación que é intolerábel en Galiza.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...