Cousas do PPde do Sr Feijóo: Baiona: un campo de golf en plena seca que consome tanta auga como todo o concello?

XornalGalicia  13 Octubre 2017  298 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O concello de Baiona promove a construción dun "complexo deportivo" con campo de golf incluido, nunha superficie de case 70 hectáreas en plena Serra da Groba. Esta infraestrutura, que tería un custo de máis de 14 millóns de € (para un concello cuxo orzamento anual é de 8,5M€), demandará tanta auga como toda a consomida pola veciñanza do concello.

 

Os campos de golf: reliquias da era do pelotazo

 

 

Chama a atención que aínda haxa concellos que apostan por estes "proxectos miragre" para reactivar a economía municipal. Como se estiveramos na costa mediterránea durante os anos da burbulla inmobiliaria, a intervención xustifícase para "desestacionalizar o turismo", sen reparar en que este modelo de complexo "todo incluído" está en franca recesión. Exemplos próximos temos os casos do Clube Náutico de Vigo, en concurso de acredores; o Aeroclube de Vigo, con importantes débedas ou na mesma Baiona o clube de tenis Monte Real, que crebou en 2009. Por outra banda, o número de golfistas federados segue decrecendo, polo que o principal soporte económico do negocio redúcese cada día.

Moitos dos campos de golf que xurdiron por toda a costa durante o "boom" do ladrillo non teñen sentido sen un desenvolvemento urbanístico paralelo en forma de novos espazos residenciais (caso dos fallidos Costa Anácara en Miño, e os proxectos de Camariñas, Porto do Son, Nigrán, Ogrobe, etc.). O campo de golf funciona como unha excusa e un engado para especular cos prezos das vivendas, manobra trala que non poucas veces agóchase a corrupción. Cabe preguntarse se non vai acontecer o mesmo con este proxecto en Baiona e canto vai tardar en agromar un desenvolvemento urbanístico na zona.

 

Unha proposta insustentábel e contaminante

 

Chama a atención que o proxecto fale de "compatibilizar o deporte cos valores naturais" minimizando os graves impactos ambientais que xeran estas instalacións. Comezando polo consumo de auga, que para un campo de 18 buracos abeira os 500.000 m3/ano. Esta cantidade equivale ao consomido por unha poboación de 10.000 habitantes e multiplica por 5 o máximo permitido polo vixente Plano Hidrolóxico para o uso recreativo por rega desa superficie. Tal demanda de auga nun contexto de seca hidrolóxica, cuxa frecuencia e intensidade non fará máis que aumentar, fai que este proxecto non poida cualificarse máis que de demencial e delirante.

E alén do consumo de auga tamén hai que considerar o uso intensivo de agrotóxicos, que rematarán intoducíndose na cadea alimentar tanto das áreas augas abaixo do campo como na mesma costa. Un campo destas características consome unhas 49 toneladas por ano de fertilizantes ademais de toneladas de herbicidas, funxicidas, nematicidas, aracnicidas ou mesmo rodenticidas. A súa toxicidade é variábel, mais cando falamos de grandes superficies con numerosos mananciais e regatos, acontece que todo este "arsenal" químico ameaza moi seriamente a potabilidade deste recurso vital. A cuestión agrávase coa proximidade á costa, especialmente cun litoral de inmensa riqueza pesqueira e marisqueira.

En definitiva, trátase doutro exemplo de proxecto agresivo e insustentábel no que os recursos públicos, auga, solo, paisaxe e patrimonio enaxénanse e degrádanse para favorecer o negocio privado. O concello de Baiona faría millor en ocuparse de atender ás necesidades da súa veciñanza que en embarcarse en este tipo de aventuras especulativas, baseadas en modelos caducos máis propios do desarrollismo franquista.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...