Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para crear a Oficina Orzamentaria do Parlamento de Galicia como órgano de asesoramento técnico en materia económica. Os socialistas presentaron unha proposición non de Lei na Cámara que foi aprobada parcialmente polo PP.

 

 

 

 

O PP negouse así a crear un portal de licitadores onde se inscriban as empresas que queiran ser beneficiarias de contratos públicos, regular as encomendas de xestión a particulares dos servizos públicos ou publicar unha base de datos anual coas adxudicacións, licitacións e subvencións concedidas polos distintos departamentos.

 

 

 

Tampouco quixeron aceptar a proposta para que en catro anos o 95 por cento das subvencións sexan de concorrencia competitiva e desenvolver un programa de control dos grupos de presión.

 

 

 

A Comisión si que aprobou sen embargo por unanimidade prohibirlle á Administración contratar con empresas con sentenzas firmes por casos de corrupción, financiamento ilegal ou sentenzas condenatorias en materia laboral ou implantar cláusulas sociais para evitar a precarización do emprego nas empresas beneficiarias de emprego público. Tamén aprobaron restrinxir os procedementos de contratación de urxencia, esixindo informe xustificativo.

 

 

 

Axencia Tributaria

 

 

 

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista interveu tamén na comparecencia da directora da Axencia Tributaria para informar sobre a programación de 2017, e criticou que o goberno non teña remitido en tempo o informe de actividade da institución, “entorpecendo deliberadamente o traballo parlamentario”.

 

 

 

Rodríguez Rumbo reclamou “máis medios materiais e humanos para a loita contra a fraude” fiscal en Galicia, apuntando que en 2016 foron detectados 140 millóns de euros de fraude fiscal, logo dos 150 de 2015 e os 181 detectados en 2014. Instou a aplicar unha “boa coordinación eficaz coa administración do Estado” neste sentido e a axilización da tramitación n resolución dos procedementos tributarios.

 

 

 

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

 

 

 

-O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

 

 

 

  1. Adoptar mecanismos de avaliación de servizos públicos nos que se teñan en conta a satisfacción das persoas usuarias a través de enquisas de servizos.

  2. A Oficina de Avaliación de Políticas Públicas establecerá un sistema de indicadores cuantitativos e cualitativos destinados a medir a eficiencia, a eficacia e a efectividade social das accións das diferentes consellerías.

  3. Publicar todas as facturas fiscalizadas pola Xunta de Galicia dunha contía superior a 2.000 euros.

  4. Prohibir á Administración contratar con empresas con sentenzas firmes por casos de corrupción, financiamento ilegal ou sentenzas condenatorias en materia laboral, respectando as previsións contidas na normativa de contratación do sector público.

  5. Implantar cláusulas sociais para evitar a precarización do emprego nas empresas beneficiarias de emprego público.

  6. Restrinxir a declaración de procedementos excepcionais de contratación, como os de urxencia, sendo imprescindible un informe xustificativo.

 

 

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...