Feijoo que quere tapar.- O PP IMPIDE INVESTIGAR A MORTE MASIVA DE ESPECIES MARIÑAS EN TORALLA

XornalGalicia  10 Octubre 2017  463 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Loli Toja alerta de que este fenómeno pode repetirse “noutros lugares e hábitats sensibles” provocando “un problema ecolóxico e incluso sanitario”

 

 

 

 

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 17. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para reclamarlle ao goberno galego que inicie unha investigación de oficio pola aparición de restos masivos de especies mariñas mortas nunha zona de gran importancia ecolóxica na Illa de Toralla, en Vigo, denunciado nun vídeo particular feito público por un biólogo.

 

 

 

A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Pesca do Parlamento celebrada hoxe derivada daquel vídeo que amosaba os restos de milleiros de xardas pintadas ou cabalóns –scomber japonicus-, xunto con outras especies como cabaliños de mar ou chopos. Sinalou que se trata dun larvario de gran fraxilidade ecolóxica no que o impacto destes restos pode ser fatal.

 

 

 

Toja lamenta que o goberno galego evite analizar a situación e os motivos dese fenómeno alegando que “non existía ningunha denuncia formal”, demostrando que “a única preocupación foi pasar a responsabilidade duns aos outros para non facer nada.

 

 

 

Reclamou unha actuación “de oficio” xa que, dixo, “existe unha denuncia pública sobre un tema reincidente e unha práctica común que está a ocorrer non só en Toralla, senón tamén noutros lugares e hábitats sensibles”.

 

 

 

Sinalou que esta situación “require dunha solución, xa que ocasiona un problema ecolóxico e incluso pode constituír un problema sanitario”, e acusou ao goberno galego de “deixar o medio mariño deixado da man de Deus”.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...