Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O goberno popular reduciu en case 100.000 euros a partida reservada para estas axudas desde a súa chegada ao goberno.
•    “Só coa metade do sobrecuste en persoal que consume o Partido Popular no Concello podería paliarse o 100% da demanda”.
•    30 de cada 100 nenos solicitantes, cuxas familias reúnen os requisitos de renda inferior aos 3.500 euros anuais, non poderán acceder ao servizo de comedor.
•    O incremento no número de solicitudes con respecto a anos anteriores revela un aumento de familias en risco de exclusión no Concello.

 

Ourense, 10 de outubro 2017
   
    Ourense en Común denunciaba esta mañá outra grave neglixencia” do goberno de Jesús Vázquez na área de Servizos Sociais que dirixe a concelleira Sofía Godoy, ao respecto do proceso de concesión de axudas para comedores escolares e libros de texto que, “ademais de chegar tarde un ano máis, nin tan sequera vai cubrir a demanda de todas as familias que o precisan”.

 

    Das 726 familias solicitantes que reúnen os requisitos de rendas inferiores a 3.500 euros anuais que se requirían nas bases destas axudas, o 30% quedaron nunha “lista de agarda incerta que fai prever que nunca recibirán a axuda”; unha cuestión que “vai afectar ao correcto desenvolvemento do curso escolar para estes nenos e nenas, que veñen xa de familias en situación de risco de exclusión e para as que este goberno irresponsable só ten máis desigualdade”.

 

    Ledicia Piñeiro, edil de Ourense en Común, critica a “redución da partida de 325.000 euros coa que se contaba nos orzamentos de 2014 para estas axudas”, que son os que de xeito prorrogado actualmente articulan as contas do Concello, e cuestiona “a onde foron parar eses perto de 100.000 euros de diferencia con respecto aos 243.150 euros da actual dotación das axudas, “insuficiente para cubrir o 100% da demanda”.

 

    A edil entende que os programas sociais teñen que dar resposta a situacións cunhas características cualitativas e cuantitativas determinadas que “neste proceso estánse ignorando, e conclúe que “non ten sentido” que as familias que realmente o necesitan se poñan nunha lista de agarda para acceder a un “recurso básico e fundamental para os membros máis vulnerables da unidade familiar, os menores”.

 

    Ourense en Común cuantifica en que 109.612 euros máis “serían suficientes” para cubrir a lista de agarda e dotar das axudas a todas estas familias; “a metade dos 200.000 euros de máis que o equipo do goberno gasta en proporción co que lle correspondería por número de edís”. 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...