Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere sumarse ao comunicado do Col·legi de Periodistes de Catalunya que, ante os ataques inaceptables a profesionais do xornalismo nos últimos días en Cataluña, lembra que é "intolerábel calquera intento de intimidar ou coartar a liberdade de prensa" e reclama "respecto e profesionalidade".

 

 

 

O Col·legi catalán lembra que nos últimos días "boicoteáronse conexións en directo, estropeáronse vehículos dunha canle de televisión, tivo que escoltarse policialmente un equipo ou cuspiuse a unha xornalista", mais que tamén se produciu "a identificación policial de xornalistas, as presións para revelaren as súas fontes, a requisa de cámaras ou teléfonos móbiles e as agresións por parte de axentes da orden a xornalistas e fotógrafos, malia a iren bien identificados".

 

 

O Colexio de Xornalistas non pode senon facer súas as palabras do seu homólogo catalán que reitera "unha vez máis o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia, física ou verbal" e considera que "no caso das forzas de orden, é especialmente grave cando se extralimitan nas súas funcións e hai comportamentos que están fóra da legalidade.

 

 

Así mesmo, traslada ao conxunto da profesión galega a petición de que, á hora de tratar acontecementos de tensión como os que se están a producir en Cataluña, é especialmente importante "insistir en que os profesionais da información velen por ser extremadamente rigorosos e respecten o Código deontolóxico".

 

 

Xunta de Goberno

 

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...