O SLG denuncia que Medio Rural prescinde do persoal contra incendios cando Galiza segue en máximo risco por mor da seca

XornalGalicia  04 Octubre 2017  547 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Hai un par de semanas, o grupo de organizacións que abandonamos o último Consello Forestal polos atrancos da Consellaría de Medio Rural á participación no Plan de Incendios de Galicia 2017 (Pladiga), denunciabamos que a mediados de setembro aínda non comezaran boa parte dos labores preventivos deste ano, que deberían terse feito no inverno e primavera pasados, antes de comezar a época de máximo risco de incendios (ver bit.ly/SenPrevLumes17).

 

 

Abondando no despropósito da política contra os incendios forestais da Xunta, agora súmase a denuncia dun novo colectivo. Nesta ocasión, a Asociación Atrifoga, que representa a operarios e operarias temporais da loita contra os lumes, vén de denunciar que, a pesares da seca persistente e das altas temperaturas, condicións que seguen a ter a Galiza en máximo risco para os lumes forestais, a Consellaría de Medio Rural acaba de enviar a estes traballadores e traballadoras temporais ao paro, con data 30 de setembro, quedando o servizo contra incendios sen persoal suficiente para ser atendido.

 

Isto fixo que Atrifoga presentase un escrito diante de Medio Rural asinado por “xefes de distrito, técnicos e axentes, e incluso xefes provinciais e territoriais, onde queda patente a necesidade de que traballemos máis tempo facendo prevención e non só extinción”.

 

No comunicado de Atrifoga descubrimos con asombro que hai xefes de servizo que se están a facer cargo das emisoras por non haber persoal para coller o teléfono e coordinar medios, que numerosas oficinas e casetas de vixilancia fican pechadas nas quendas da noite, que na extinción dalgúns lumes están a operar a metade das motobombas necesarias por falta de condutores ou que nalgunhas oficinas dos servizos provinciais xa non atenden o teléfono.

 

Ademais, sorprende o desprezo da Consellaría de Medio Rural cara ao seu propio persoal laboral, a quen mandan ao paro, ao tempo que segue botando man de empresas privadas para a extinción de incendios.

 

Dende o Sindicato Labrego Galego queremos solidarizarnos cos traballadores e traballadoras temporais contra os incendios que volveron quedar sen traballo, pois o seu labor é fundamental os doce meses do ano, especialmente en labores de prevención que a Xunta porfía en non facer. Estes despidos supoñen unha decisión arriscada e temeraria da Consellaría de Medio Rural. Máis alá de seguirmos sen unha política preventiva, nin sequera se dota de medios a extinción de lumes cando, insistimos, seguimos estando en máximo risco pola seca e as altas temperaturas. Agardemos que non haxa que lamentar danos humanos pola irresponsabilidade da Xunta; se tal acontecese, que saiban que o Sindicato Labrego Galego non dubidará en denunciar con todos os medios ao seu alcance a súa flagrante neglixencia.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...