Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A portavoz de Asuntos Sociais Montse Prado denunciou no Parlamento que en Galiza 17.393 persoas recoñecidas como dependentes non reciben a prestación á que teñen dereito por lei, un 26,7% das 66.552 persoas dependentes recoñecidas. A este dato hai que engadir arredor de 12.000 solicitudes que aínda non foron avaliadas.

 

Prado alerta que os recortes en dependencia suman 151,8 M€, que a contía da prestación por dependente é de 6.041 € anuais fronte aos 6.833 da media estatal nun país que ten unha das poboacións máis envellecidas de todo o Estado, cun 24,6% da poboación por riba dos 65 anos e un 8,7% por riba dos 80 anos, 237.237 en cifras absolutas segundo os últimos datos do Ditame do Observatorio da Lei39/2006.

A deputada tamén chamou a atención sobre o feito de que a Xunta presuma de aumentar o número de persoas beneficiadas pola Lei de dependencia, pero agochando que tipo de axudas reciben.

“As prestacións que máis subiron no último ano son as de low-cost ás correspondentes por exemplo a teleasistencia cun custe medio mensual de 25€”, alega Prado, o que fai que o Goberno galego poda vender que aumentan as persoas beneficiadas aínda que sexa con contías ínfima. “Córrese o risco de que só medren as atencións mediocres, que non supoñen un apoio auténtico ás persoas dependentes, que non xeran suficientes retornos e que tampouco crean emprego”, sintetizou.

Ademais das axudas para teleasistencia de mínima contía, aumentaron outras dese tipo como as dos programas preventivos e de rehabilitación e para a realización de talleres. Por contra, descenden as prazas en residencias, un 14% nos últimos cinco anos, “as coidadoras no entorno familiar xa non reciben financiamento para pagar as cotas á seguridade social e non chegan a mil o número de persoas adicadas a coidar familiares dependentes que estean dadas de alta na SS”, explicou.

“Seguen a ser miles os galegos e galegas grandes dependentes que non están a recibir axudas, mentres maquillan os datos incorporando persoas con dependencia moderada que reciben prestacións de baixo coste”. “Acaben con ese limbo no que están miles de persoas dependentes esperando pola axuda que lles pertence”, concluíu.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...