Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

A firma, adicada ao deseño, desenvolvemento e fabricación de bombas de calor, adquiriu 15.600 m2 cun proxecto de investimento total na nave de máis de 5 millóns de euros

 

O Concello de Nigrán renunciou en decembro á compra dunha das parcelas previstas para o almacén municipal co fin de facilitar a implantación de Ecoforest

 

 

Nigrán, 25/09/17.- A Xunta de Goberno Local do Concello de Nigrán aprobou a licencia a Ecoforest para a construcción dunha nave industrial en Porto do Molle destinada a deseño, desenvolvemento e fabricación de bombas de calor. A firma especializado en sistemas de calefacción, climatización e agua quente sanitaria a partir de recursos naturais construirá unha macroplanta de 13.431 m2 sobre unha superficie resultante de agregar dez parcelas do parque empresarial (15.586 m2 de superficie). A construción da nave suporá un investimento total de 5.404.362 euros. Precisamente, o Concello renunciou en decembro á compra dunha destas parcelas destinadas a almacén municipal co obxectivo de facilitar a implantación de Ecoforest, polo que finalmente adquiriu outra con este fin no mesmo polígono.

 

Recentemento, o Concello aprobou en Porto do Molle a licencia para a ampliación da fábrica Snop Estampación e concedeu unha nova para a construción dunha nave destinada á fabricación de maquinaria pesada por parte de Industrias Nebrinox. Estas dúas suman un orzamento de execución da obra de preto de 3 millóns de euros que si se engade Ecoforest supón máis de 8 millóns de euros, polo que o rexedor, Juan A.González, destaca non só as novas posibilidades de emprego que xenera a súa instalación, se non os ingresos que supoñen para as arcas municipais.

 

"Porto do Molle non só significa novas posibilidades de emprego para os veciños de Nigrán, se non que o seu propio crecemento ordenado e sostible proporciona ao Concello os ingresos necesarios para levar adiante máis e mellores políticas sociais. Este parque empresarial é unha parte fundamental do desenvolvemento de Nigrán e un referente en innovación, I+D ou ecoloxía que representa a mellor imaxe dun municipio dinámico, moderno e emprendedor", sintetiza o rexedor, Juan González, quen defende este modelo de crecemento ordenado e sostible como premisa para o crecemento de Nigrán.

 

"Cada vez que unha empresa se instala en Porto do Molle atrae á súa vez a novas firmas que se dan conta das grandes posibilidades que ofrece este parque que actualmente reúne a industria non contaminante de tódolos ámbitos animada polo valor engadido e localización do parque”, conclúe Juan González, alcalde de Nigrán.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...