O PPdeG e Goberno de Feijóo segue co "exterminio" da atención médica aos ciudadans, O BNG DE ARANGA DENUNCIA MÁIS RECORTES NOS CENTROS DE SAÚDE

XornalGalicia  22 Septiembre 2017  558 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Xunta está normalizando os recortes en sanidade”

 

Os recortes están cebándose en concellos rurais como Aranga”

 



 

Aranga, 22 de setembro.- Se hai un mes e medio o BNG de Aranga denunciaba a redución do horario no centro de saúde de Muniferral, agora denuncian que no centro de saúde da Castellana non se está a cubrir as vacacións da médica de familia, polo que as usuarias do servizo só poden ser atendidos a partir das 11:30 da mañá. Antes desa hora, deben recorrer ao servizo en centros próximos, como de Présaras ou ser atendidos nas urxencias en Betanzos, que "un servizo de por sí saturado", denuncian os nacionalistas.

 

Para o voceiro do BNG en Aranga, Carlos Díaz, esta redución horaria da atención sanitaria “é una proba máis da política de recortes en sanidade practicados pola Xunta do PP e súmase aos recortes sufridos durante o verán”.

 

Segundo o grupo nacionalista, esta redución horaria é unha mostra máis do desleixo do PP polos servizos públicos: “desde o BNG vimos denunciando a deterioración do servizo sanitario en Aranga, primeiro en Muniferral e agora na Castellana.”

 

Por outro lado, denuncian os nacionalistas, o SERGAS está a derivar aos usuarios do centro de saúde da Castellana e que necesiten atención médica non urxente antes das 11:30 ao centro de saúde de Présaras, no concello de Vilasantar.

 

O BNG anuncia que xa trasladaron estes recortes do Sergas en Aranga ao Parlamento galego e afirman que reclamarán ao Sergas que garanta a calidade do servizo e contrate persoal para cubrir as baixas e vacacións do persoal. 

 

Desde hai xa varios anos, o BNG ten presentado emendas ao orzamento da Xunta, para pedir precisamente que se garanta unha asistencia de calidade nos servizos medicos da comarca de Betanzos. A Xunta do PP nunca ten aceptado tales emendas e nestas estamos”, denuncia o portavoz do BNG no concello de Aranga, Carlos Díaz.

 

O BNG de Aranga convida ao resto de grupos políticos con representación na corporación, especialemente ao PP, a que denuncie a deterioración do servizo no centro da Castellana e reclame a cobertura das prazas necesarias para garantir a asistencia sanitaria urxente e non urxente no concello de Aranga.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...