Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

"O noso equipo legal está a estudiar a presentación dunha denuncia na Fiscalía á Fundación Franco por indicios de delito de odio, aldraxe ás vítimas do franquismo e declaracións que negan crimes de lesa humanidade", sinala Eva Solla.

 

Compostela, 11 de setembro de 2017. Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento, denunciou esta mañá en rolda de prensa as recentes "mostras vergoñentas" de apoloxía do réxime franquista en Galicia, así como "a conivencia das diferentes administracións cunhas situacións que, corenta anos despois, responden ao enaltecemento dun réxime asasino sen que as administracións nin institucións fagan absolutamente nada".

 


https://vocaroo.com/i/s0rvxh0Pn4Ti

 

 

Segundo explica Solla, "sen ir máis lonxe, nesta fin de semana, e durante unha xura de bandeira tradicional en Ordes, fíxose unha homenaxe a un soldado franquista. Tamén, temos como exemplo o acontecido en múltiples edificios públicos en que se segue sen retirar a simboloxía franquista, tal e como é o caso do instituto público de Lugo, onde se pedira a retirada do escudo franquista ao Parlamento de Galicia na pasada lexislatura. A só uns días de inicio de curso, a simboloxía segue presente, vulnerando de xeito fragrante a Lei de Memoria Histórica e a memoria das vítimas e das súas familias".

 

 

 

Entre as constantes mostras de apoloxía da Ditadura Franquista que estamos a vivir en Galicia, temos que destacar "o espectáculo dantesco" de aldraxe ás vítimas do franquismo que se está a dar co Pazo de Meirás e protagonizado pola Fundación Franco, que ten a xestión e titularidade deste. "Asistimos bastante perplexas á opinión rocambolesca do Presidente da Xunta de Galicia, tratando de mecanismo franquista a unha expropiación que nós, sen embargo, vemos necesaria e que non só ampara o texto constitucional no seu artigo 33, senón a lei de Patrimonio Histórico Español no seu artigo 37", sinala.

 

 

"Parece que á Xunta lle treme a man á hora de expropiar este Pazo que primeiro foi roubado e entendemos que é absurdo que o goberno galego use un mecanismo de expropiación axeitado para os bens de interese social, como a realización de infraestruturas e, para expropiar a unha familia que representa un réxime sanguento, non o contempla. Respecto á multa de 4.500 á Fundación, é algo irrisorio e é outra mostra da conivencia das institucións con esta familia".

 

 

 

 

 

Denuncia ante a Fiscalía por delitos de odio

 

 

 

Por todos estes feitos, "o noso equipo legal está a estudiar a presentación dunha denuncia na Fiscalía á Fundación Franco por indicios de delito de odio, aldraxe ás vítimas do franquismo e declaracións que negan crimes de lesa humanidade", sostén Solla. Por último, trasladamos que, cando teñamos finalizado ese informe xurídico, acudiremos á Fiscalía para denunciar estes abusos. "Para nós, os delitos de odio non teñen cabida neste país", remata Eva Solla.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...