Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

 

A Audiencia obriga a readmitila ata que a sentenza que a sanciona a 1 ano e 6 meses de suspensión non sexa firme

 

 

 

O pasado 22 de xuño o Xulgado Central Contencioso-Administrativo de Madrid nº 8, ditaba sentenza confirmando a sanción imposta polo Ministerio de Hacienda e Función Pública a dona Milagros Calvo de suspensión de funcións como secretaria-interventora durante 1 ANO e 6 MESES. A resolución foi recorrida polo Concello de Trives, que solicita unha sanción de SEIS ANOS por entender que as condutas realizadas pola funcionaria merecen un maior reproche. A resolución tamén foi recorrida pola traballadora pública.

 

A pesares do cal, a Audiencia Nacional vén de confirmar recentemente a suspensión cautelar da sanción do Ministerio ata que recaia sentenza firme. Sustenta dita resolución, incomprensiblemente, en que "…la Sra. Calvo Carballo ha acreditado suficientemente en estas actuaciones un intenso arraigo familiar en la localidad de A Proba de Trives, en la que tiene su domicilio y convive con su marido e hijos, los cuales desarrollan actividades profesionales en el núcleo de dicha población. Y respecto a la apariencia de buen derecho, debe recordarse que se encuentran pendientes de revisión las sanciones impuestas y los hechos que dieron lugar a las misma; sin que por último los intereses generales aparezcan gravemente dañados en principio…".

 

O alcalde, Francisco José Fernández Blanco, en cumprimento da resolución ditou decreto resolvendo levantar provisionalmente a suspensión de funcións de dona María Milagros Calvo Carballo; á espera de que se resolvan os diferentes procedementos xudiciais en curso. A funcionaria deberá incorporarse no día de hoxe.

 

 

 

O goberno lamenta a valoración feita dende a Audiencia Nacional, e

comparte o criterio do Ministerio de Hacienda e do Xulgado Central. Éste último confirma como FEITO PROBADO a dona Mª Milagros Calvo Carballo que "… la emisión de los diez informes relacionados, de forma reiterada en el tiempo, es un claro indicio de una conducta obstructiva o entorpecedora de la labor del Ayuntamiento (…) que han supuesto un entorpecimiento consciente y reiterado de la actuación de la Alcaldía, lo que supone un notorio incumplimiento de sus funciones esenciales por parte de la recurrente, constitutiva de la infracción muy grave imputada".

 

Os DEZ REFERIDOS INFORMES cos que resultaron gravemente danados os intereses xerais do Concello, e que se recollen na propia sentenza, din que a señora Calvo:

 

- Deixou perder subvencións.

 

- Impediu a contratación de traballadores (veciños en definitiva).

 

- Impediu o pago a provedores (veciños tamén), tendo crédito.

 

- Usurpou funcións que correspondían á Alcaldía.

 

- Impediu a realización de inversións municipais.

 

- Impediu a contratación de servizos municipais.

 

- Intentou boicotear a xestión económica municipal, emitindo un informe que impediría pagar nóminas, subministros, servizos…

 

- Asumiu a xestión da Mancomunidade (sendo a secretaria-interventora), e ademais informou falsamente ao Pleno da executividade dunha débeda do Concello, que estaba neses momentos sub iudice e suspendida pola Xunta.

 

Dito isto, Francisco José Fernández Blanco manifesta: "Resulta incomprensible que se valore máis o arraigo familiar da funcionaria que os intereses xerais de todos os triveses e trivesas. Non entendo que a Audiencia Nacional valore máis onde vive a secretaria e a súa familia, que a perda de subvencións, de contratacións de traballadores, de prestación de servicios, etc; a máis de dúas mil persoas". Afirma o alcalde que "No equipo de goberno mantémonos firmes na defensa dos intereses xerais do Concello da Pobra de Trives e da súa veciñanza, con independencia da persoa que provisionalmente desempeñe as funcións de secretaría-intervención". Remata decindo que "non vai deixar de perseverar en que se faga xustiza coas condutas realizadas por Milagros Calvo, agardando a firmeza da sentenza condenatoria que poña punto e final a este proceso".

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...