Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os órganos xudiciais da comunidade resolveron o ano pasado 341 982 asuntos, por enriba do número de casos ingresados, que foi de 334 410. Cada órgano resolveu de media 1331 casos, segundo se reflicte na Memoria de Actividade dos Tribunais e Xulgados de Galicia correspondente ao ano 2016. O número de procedementos que quedaron en trámite ao final do ano en Galicia foi de 123 770, fronte aos 136 466 do ano anterior, o que supón un 10 por cento menos.



O número de novos casos diminuíu un 25,6 % con respecto a 2015. O descenso máis acusado en canto á entrada deuse na xurisdición penal, cun 36,5 % menos de novos asuntos en 2016. Esta importante redución no número de novos asuntos obedeceu en gran medida á entrada en vigor da Lei 41/2015, de modificación da Lei de Axuizamento Criminal (LACrim) para a axilización da xustiza penal e o fortalecemento das garantías procesuais, que reformou o artigo 284.2 desta norma no sentido de establecer que, con carácter xeral, non se remiten aos xulgados de instrución e de primeira instancia e instrución os atestados policiais nos que non exista autor coñecido do delito denunciado. A reforma legal tivo tamén reflexo no número de asuntos resoltos polos tribunais da comunidade, que descendeu con respecto ao ano anterior, cando a LACrim aínda non fora modificada e contabilizábanse os asuntos que deixaron de ingresar e que antes se resolvían de forma inmediata cun auto de arquivo por falta de autor coñecido. Tamén descendeu o número de asuntos ingresados na xurisdición civil, pero aumentou en social e contencioso.

A provincia de Pontevedra é a que rexistra un maior número de asuntos ingresados (124 088), o que supón 1349 causas de media por órgano xudicial. Séguelle A Coruña, con 116 651 (1190 de media por órgano), Lugo, con 35 760 (1192 por órgano) e Ourense, con 33 090 (1067).



Datos por xurisdiccións

Na comunidade descendeu tamén o número de asuntos ingresados na xurisdición civil. O ano pasado rexistráronse 116 308 casos, o que representa unha diminución interanual do 10,6 %. A cifra de asuntos resoltos foi de 114 374 e a de asuntos en trámite ao final do período de
53 942, un 1,2 % menos que o ano pasado.




Na xurisdición penal, o número de novos asuntos foi de 177 470, un 36,5 por cento menos que en 2015. Nesta xurisdición resolvéronse 183 861 asuntos e quedaron en trámite ao final do período outros 37 616, un 21 % menos que ao comezo do período.



Na xurisdición contencioso-administrativa, fronte á tendencia á baixa no conxunto do Estado, en Galicia rexistrouse en 2016 un aumento na entrada de asuntos. Os xulgados e tribunais recibiron 9985 casos novos, o que supón un 2,8 % máis con respecto a 2015. O número de asuntos resoltos foi de 11 586 (un 3,8 % máis que no ano anterior) e o de asuntos en trámite ao final do ano de 6349, o que supón un descenso do 14,2 %.



Aumentaron tamén os asuntos ingresados na xurisdición social. O ano pasado recibíronse 30 647 novos casos, que representan un crecemento do 1,6 % respecto de 2015. Nesta xurisdición resolvéronse 32 161 asuntos e quedaron en trámite 25 863, o que supón un 6,7 por cento menos que o ano anterior. A taxa de litixiosidade en Galicia (123) situouse lixeiramente por baixo da media estatal en 2016, que foi de 125 asuntos por cada mil habitantes.





Tribunal Superior

Na memoria destácase a moi positiva evolución da pendencia nas salas do social e contencioso-administrativo do TSXG, “que tanto viña preocupando en anos precedentes”. Os maxistrados do contencioso tiñan pendentes de resolver ao comezo do ano 3155 asuntos, cifra que se reduciu aos 2470 ao final do período. En 2016 a sala ingresou 3026 asuntos e resolveu 3725. A sala do social, que gozou dun plan de reforzo durante parte do ano pasado, resolveu 7406 asuntos, o que permitiu que a pendencia descendese desde os 4486 casos a comezos do ano aos 2627 ao finalizar. O número de asuntos ingresados na sala do social do TSXG aumentou o ano pasado, ao pasar de 5142 o ano anterior a 5547.







Audiencia Provinciais

As seccións penais da Audiencias Provinciais galegas resolveron o ano pasado 10999 asuntos. As da Coruña e Lugo foron as seccións que rexistraron un maior número de casos. As seccións civís resolveron 7321 e foron as tres da provincia de Pontevedra as que asumiron un maior número de asuntos.



Xulgados unipersonais

Con respecto aos xulgados do social da comunidade, ao longo do ano pasado ingresaron 25 100 asuntos. Todos os xulgados da Coruña, Vigo e Lugo desta xurisdición ingresaron máis de 1000 asuntos. Isto supón que os xulgados coruñeses pechasen 2016 cun volume de entrada un 45 % por encima de módulo, o de Vigo cun 34 % e os de Lugo cun 19%.



Os xulgados de instrución galegos resolveron o ano pasado 86 228 asuntos, fronte aos 82 003 ingresados. Desta maneira, o número de asuntos pendentes pasou de 18 014 ao comezo do ano a 12 549 ao final.

A memoria pódese consultar no seguinte link:

http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/Actividad-del-TSJ-Galicia/Memoria-Judicial/Memoria-del-TSXG-de-2016

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...