Os concertos da noite do sábado, con Viva Suecia, Joe Crepúsculo ou Las Bistecs como prato forte, reuniron a máis de 2.200 persoas

XornalGalicia  31 Agosto 2017  757 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

"O novo festival 'Vive Nigrán' tivo un debut perfecto, atraendo a un público familiar que puido gozar da música e gastronomía nunha contorna marabillosa. Toca xa traballar para a vindeira edición", resume o alcalde, Juan González.

 

 

Nigrán, 31/08/17.- A primeira edición do festival 'Vive Nigrán' este fin de semana no campo de fútbol de Praia América reuniu durante os dous días a preto de 4.000 persoas, sendo a noite do sábado o momento de maior afluencia con Basanta, Viva Suecia, Joe Crepúsculo ou Las Bistecs, grupos que reuniron a máis de 2.200 persoas.

 

"Tratándose dunha primeira edición non podemos estar máis satisfeitos co resultado. O bo tempo acompañou e novo festival 'Vive Nigrán' tivo un debut perfecto, atraendo a un público familiar que puido gozar da música e gastronomía nunha contorna marabillosa. Toca xa traballar para a vindeira edición", valora o alcalde, Juan González.

 

Concibido como un “Picnic Pop Festival”, supuxo o broche de ouro do circuito Rías Baixas Fest promovido dende a Deputación de Pontevedra ao reunir a 14 bandas do panorama nacional independente e 5 dj´s durante todo os dous días e dende as 12:30 horas da mañá. "Queremos que Vive Nigrán sexa un referente para os afeccionados á música en directo e para aqueles que busquen concertos a pé de praia a calquera hora do día, por iso seguiremos apostando por un público familiar que aproveita o día para vir cos nenos porque sabe que atopará obradoiros, xogos, actividades paralelas ou un market", sinalan dende a produtora, así, baixa esta premisa, os menores de 16 anos puideron entrar gratis.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...