O GOBERNO DE NIGRÁN CONSIDERA UNHA GRAVE INCOMPETENCIA QUE A XUNTA COMUNIQUE HOXE A CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN PARA CONTRATAR A 15 DOS 17 SOCORRISTAS QUE TEN A MANCOMUNIDADE ATA MAÑÁ

XornalGalicia  30 Agosto 2017  782 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

"Ata o día de hoxe, 30 de agosto, non contábamos todavía coa resolución dunha subvención que é para contratar socorristas do 1 de xullo ao 31 de agosto, é algo inaudito e que amosa unha desidia total", valora o alcalde, Juan González

 

 

 

O retraso da convocatoria da subvención e da posterior tramitación por parte da Mancomunidade supón que Patos e Panxón en Nigrán e Concheira e Frades en Baiona tivesen que retirar esta semana as bandeiras azuis.

 

 

 

 

 

Nigrán, 30/08/17.- O goberno de Nigrán considera unha "grave incompetencia e neglixencia" que a Xunta de Galicia agardase ata hoxe, 30 de agosto, para aprobar a concesión da subvención para contratar a só 15 dos 17 socorristas que prestan os seus servizos ata mañá nas praias de Nigrán e Baiona a través da Mancomunidade. Esta demora na convocatoria da subvención e posterior tramitación por parte da Mancomunidade supón que Patos e Panxón en Nigrán e Concheira e Frades en Baiona tivesen que retirar as súas bandeiras azuis este luns.

 

 

 

"Ata o día de hoxe, 30 de agosto, non contábamos todavía coa resolución dunha subvención que é para contratar socorristas do 1 de xullo ao 31 de agosto, é algo inaudito e que amosa unha desidia total", valora o alcalde, Juan González. Ademais, pese a que a Mancomunidade ten contratados a 17 socorristas (os que pasaron as probas, porque o número requirido eran 27) a Xunta só outorga a subvención para 15 socorristas. "A Xunta concede unha axuda que nin de lexos chega para cubrir as necesidades das praias de Nigrán e Baiona, máximo tendo en conta que as que teñen bandeira azul precisan 2 socorristas como mínimo. É chocante que pedindo 27 socorristas concedan 15, nin sequera cubre os 17 que se puideron contratar a última hora", destaca o alcalde.

 

 

 

O Concello de Nigrán fai unha valoración negativa do procedemento de concesión de subvencións por parte da Xunta, que retrasa cada ano a súa aprobación a un límite inconcibible, nesta caso a só 24 horas de que finalicen o contrato. Este retraso na convocatoria e posterior tramitación e selección por parte da Mancomunidade fixo que resultase imposible reunir os 27 socorristas solicitados para Baiona e Nigrán, aprobando só 17 aspirantes dos 21 presentados. A punto de finalizar o contrato, moitos collen os días libre que lle corresponden, incumplíndose así o ratio mínimo de ADEAC para as bandeiras azuis de 2 socorristas por praia. "Está claro que o vindeiro ano teremos que buscar solucións ao marxe da Mancomunidade e da subvención da Xunta para garantir as bandeiras azuis, recurriremos a fondos propios para que isto non se repita", finaliza o alcalde.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...