EQUO rexeita hipotecar o futuro da Serra do Gontón (Costa da Morte) pola construción do Parque Eólico de Mouriños e presenta alegacións en apoio dos colectivos en loita.

XornalGalicia  16 Agosto 2017  463 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

O partido ecoloxista EQUO Galicia presentou hoxe alegacións ao proxecto do Parque Eólico de Mouriños dentro do prazo de información pública no que se atopa o expediente. Pretende apoiar así a Salvemos Cabana e demais colectivos na súa loita contra o devandito Parque cuxa construción veñen denunciando dende hai días. “Entendemos que se trata novamente doutro ataque ao noso patrimonio natural e paisaxístico da man das grandes multinacionais enerxéticas, ao que se suma o beneplácito da Xunta de Galicia que novamente prima os intereses empresariais aos intereses públicos ambientais”.

 

 

Ante todo EQUO Galicia esixe o respecto pola legalidade ambiental e polo incalculable valor paisaxístico da zona. Lembramos que o parque eólico proxectado afecta directamente ao miradoiro da espectacular desembocadura do río Anllóns na ría de Corme e Laxe.

 

 

 

EQUO Galicia denuncia varias deficiencias graves tanto no proxecto do parque eólico de Mouriños como no proxecto sectorial de incidencia supramunicipal dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas. Ambos os dous proxectos concíbense de modo indisociable o un do outro e, con todo, preséntanse ante a cidadanía como proxectos autónomos en detrimento dos dereitos de participación e información cidadá, supoñendo unha verdadeira fraude de Lei.

 

 

 

Ademais, o partido ecoloxista amosa a súa preocupación e subscribe as denuncias xa formuladas polos colectivos ecoloxistas acerca dos posibles efectos negativos sobre a saúde dos habitantes da zona afectada polo proxecto. Así mesmo, anima a persoarse nos dous procedementos en fase de información pública, en defensa dos dereitos da cidadanía.

 

 

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...