A POLÍTICA DO PP CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA EN GALICIA SEXA “POÑER O CARTEL DE PECHADO ATA O 13 DE SETEMBRO” NO XULGADO ESPECIALIZADO DA CORUÑA

XornalGalicia  14 Agosto 2017  422 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

A portavoz de Xustiza do grupo socialista, Patricia Vilán, vén de presentar varias iniciativas parlamentarias nas que critica a decisión dos gobernos do PP de Rajoy e Feijóo de non substituír no verán o xuíz de garda dun dos dous únicos xulgados especializados en violencia machista de Galicia, o da Coruña. Vilán lembra que o propio xuíz solicitou por escrito a substitución, que lle foi denegada. “A política de loita contra a violencia machista do PP é poñer o cartel de ´volvemos o 13 de setembro’; parece unha broma pero non o é, é escandaloso”, censurou a socialista, que agradeceu a labor de denuncia do Observatorio de Igualdade da Coruña que agora o seu grupo traslada ao Parlamento.

 

 

 

 

Nas iniciativas, Vilán solicita partidas específicas para xuíces substitutos nestes xulgados de violencia machista e novos xulgados especializados en Galicia, ademais de reformas nas dependencias xudiciais para evitar que se crucen vítimas e agresores, máis persoal e un aumento da formación especializada. Ademais, rexistrou unha pregunta urxente para o primeiro pleno de setembro coa que quere coñecer “cal foi a resposta da Xunta” ao Ministerio cando denegou que houbese un xuíz substituto no xulgado de violencia machista. O Goberno central alegou, supostamente, que a estas alturas do ano xa se ten superado nun 106% o orzamento para facer este tipo e contratacións en Galicia.

 

 

 

O goberno a través da secretaria xeral de igualdade dicía hai un par de meses que as mulleres que sofren violencia deben saber que contan con recursos e co apoio de toda a sociedade”, lembrou Vilán, que incidiu en que no Congreso vén de alcanzarse por unanimidade unha proposta de pacto de Estado contra a violencia machista no que se reclama dotar suficientemente os orzamentos para a loita contra esta violencia. Mentres, ningún dos 80 novos xulgados programados en España será especializado nestes temas. “Está moi ben firmar papeis, premer botóns para dicir que se está a favor da loita contra a violencia machista pero cando a realidade nos di que hai que facer un traballo de verdade, Feijóo e Rueda miran para outro lado, e Rajoy dedícase a ir ao baile da Peregrina con debutantes presentadas en sociedade con 18 anos, esa parece que é a loita contra a desigualdade que ten o PP”, afirmou.

 

 

 

En Galicia, destacou Vilán, hai unha media de 15 denuncias diarias por violencia de xénero, cun incremento de case o 8% en 2016 e 54 mulleres asasinadas desde 2010. Nestes momentos son os xulgados de garda da Coruña, cunha enorme carga de traballo, os que se teñen que adicar a estes temas, e están a aplazarse decisións como as referidas ao réxime de visitas dos fillos, que deben tomarse de forma inmediata nun período de 30 días despois dunha denuncia. A socialista apuntou ademais que no verán habitualmente se produce un aumento de casos de violencia machista.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...