O Defensor del Pueblo recomenda á Xefatura Superior de Policía de Galiza que responda de maneira axeitada ás denuncias da cidadanía

XornalGalicia  11 Agosto 2017  378 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

cid ii 15dd0a1393eacc89O Defensor del Pueblo vén de recomendar á Dirección Xeral da Policía que dite as instrucións oportunas para que a  Xefatura Superior de Policía en Galiza responda adecuadamente ás queixas ou denuncias presentadas polos cidadáns e cidadás, informando das actuacións e das medidas adoptadas por esta institución.

 

 

A recomendación responde á queixa traslada ao Defensor del Pueblo por Dereitos Civís, ante o arquivo sistemático por parte da Xefatura Superior de Policía de Galiza das múltiples denuncias presentadas por falta de identificación dos/as axentes (un dos motivos polo que o portavoz de Dereitos Civís considera que foi acosado polos funcionarios do CNP recentemente)

 

Esta recomendación debería implicar que partir de agora a Xefatura de Policía de Galiza aclare, entre outras cuestións, por que entende que os seus funcionarios e funcionarias non incorren en infracción cando non levan á vista o seu número de placa.  Isto afecta a ducias de denuncias que Dereitos Civís presentou, pois a ausencia de identificación visíbel nas actuacións dos axentes é práctica habitual en Galiza.

 

Hai que lembrar que é obrigatorio que os/as funcionarios/as dos corpos e forzas de seguridade do estado leven nun lugar perfectamente visíbel a placa-emblema co número de identificación persoal. Non facelo supón o incumprimento dunha obriga legal e, tal e como recolle nun dos seus informes o Defensor del Pueblo, "cando non se dá cumprimento a dita obrigación baléirase de contido o dereito dos cidadáns e prexudícase gravemente a posibilidade de determinar a responsabilidade en que puideran incorrer os funcionarios policiais nas súas actuacións”.

 

Porén, a Xefatura Superior de Policía de Galiza responde sempre arquivando as denuncias presentadas por estes feitos, sen molestarse en realizar sequera unha comprobación da situación relatada e considerando que os axentes non incorren en infracción.  Un exemplo deste proceder atopámolo na denuncia que Dereitos Civís presentou o pasado mes de marzo pola falta de identificación de funcionarios policiais en Riazor.

 

A denuncia ía acompañada dunha imaxe na que se pode comprobar que o lugar onde debería estar impreso o número de placa está tapado. A Xefatura Superior de Policía, nun breve escrito que non aclara nada en relación coa denuncia, dá a entender que non houbo infracción. En escritos posteriores chega a pór en cuestión a "veracidade ou constatabilidade" da denuncia e, finalmente,  o 9 de agosto, recoñece que actuou así porque -segundo afirma- a fotografía remitida non permitía comprobar o denunciado. Non obstante, a Xefatura non solicitou a foto orixinal para poder realizar a comprobación

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...