Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Só neste ano xa arderon en Galicia máis de 5.000 hectáreas debido aos incendios forestais e, desta cifra, 1.800  corresponden ao incendio que afectou á comarca de Verín, onde se comprobou que a Xunta de Galicia non dispón dun Plan contra o Lume serio e rigoroso, quen de ofrecer unha resposta axeitada a este tipo de lumes de grande envergadura, e que tanto lembran ao que aconteceu en Portugal.

 

Ante este panorama, Esquerda Unida denuncia a falta dunha política de prevención seria no dispositivo de incendios forestais para este verán. Se a isto sumamos o abandono ao que o PP somete ao rural, a súa teima en desmantelar o servizo público para converter o modelo galego de prevención e extinción de incendios nun negocio privado, e súa inexistente política preventiva a medio e longo prazo para ter uns montes debidamente coidados que limiten o impacto dos lumes, dende Esquerda Unida alertamos que, de seguirmos con este nivel de improvisación e de deixamento, as consecuencias para o noso ecosistema no rural serán devastadoras. 

 

Para o PP, existe un discurso unicamente produtivista do monte, negativo en termos sociais e ambientais. Por iso, vemos con preocupación unha nova que vimos de coñecer no xornal Praza.gal: A reforma forestal aprobada en Portugal provocaría que a maior empresa pasteira do país veciño, The Navigator Company, antiga Portucel, se instale en Galicia, onde prevé reforzar a súa presenza. En Galicia, a superficie de eucalipto aumentou un 65% no que vai de século, con máis de 300.00 hectáreas de eucalipto. É por isto que cómpre poñer en marcha políticas que impidan o lucro co eucalipto, unha árbore que aparece como acelerante na maior parte dos lumes que se rexistran no monte galego.

 

Dende Esquerda Unida vemos preciso transformar as actuais políticas de protección do territorio, de prevención e extinción de lumes, para avanzarmos cara a unha política plenamente pública de prevención, protección e conservación do monte galego integral e global, como parte fundamental do noso territorio e como medida esencial para enfrontar o problema dos incendios forestais no noso país.

 

Por último, dende Esquerda Unida denunciamos a errática política do PP en materia de lumes e vemos imprescindible traballar nunha Estratexia Integrada da Loita contra o Lume, que abranga un Plan específico de actuación para Ourense baseado en máis prevención, políticas de xestión que eviten o abandono do monte e dispositivos máis amplos para evitar que se produzan lumes de gran envergadura, así como impulsar medidas de política forestal, de protección do noso territorio e conservación do monte galego, en serio perigo por intereses económicos.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...