Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

A valedora négase a continuar investigando as represalias a unha alumna de primaria por utilizar a forma correcta Galiza

 

Segundo a valedora a forma Galiza só se admite fóra da denominación oficial

 

 

Marcos Maceira: “Que a valedora dea por bo exixir o cumprimento de dubidosos formalismos legais a unha alumna de 9 anos é mostra da falta de respecto pola institución que representa”

 

A Mesa pergúntase se “quen desde os prexuízos ideolóxicos inutiliza continuamente unha institución feita para defender á cidadanía pode continuar no cargo un minuto máis”

 

A Mesa denuncia tamén a cumplicidade da Secretaria Xeral de Política Lingüística e da Consellaría de Educación

 

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017-. O pasado 15 de xuño facíase pública a vulneración dos dereitos lingüísticos dunha alumna de Primaria a quen lle reduciron puntuación por utilizar a forma correcta Galiza, considerada polo mestre de Ciencias Sociais como falta de ortografía.

 

Malia que Galiza é unha forma amplamente utilizada e admitida pola RAG, que a considera “voz lexítima galega”, a dirección do centro, a Consellaría de Educación e a Secretaria Xeral de Política Lingüística argumentaron para xustificar a actitude sectaria e antipedagóxica do mestre, que o termo legal e oficial para se referir á Comunidade Autónoma é Galicia, malia admitiren que Galiza é válido para “calquera outro uso que non se refira á denominación oficial do país, no ámbito xurídico”.

 

Esta pobre xustificación incomprensíbel cando estamos a falar dunha alumna de 9 anos de idade foi aceptada sen ningún cuestionamento nin comprobación dos feitos pola Valedora do Pobo, que demostra, máis unha vez, como o seu único cometido é dar lexitimidade ás accións da Xunta de Galiza aínda que sexa a costa de nenas e nenos de 4º de primaria.

 

Segundo o presidente da Mesa o peche da investigación por parte da Valedora demostra a actitude sectaria da comisionada, que a xulgar pola resposta nin se molestou en facer as mínimas pesquisas ou en reclamar información á inspección. Malia o pobre argumento aceptado con submisión indigna do seu cargo pola Valedora, Maceira pergúntase se comprobou en que contexto se utilizou Galiza; ou con que criterio é exixíbel en cuarto de primaria a utilización do nome do país, que segundo a Xunta e a Valedora é oficial cando en moitos outros casos non o é; comprobaron Valedora e inspección educativa se o mestre é tan estrito na utilización da toponimia galega?

 

O pior deste caso, sinala o presidente da Mesa, é a desprotección á que a dirección do centro, a consellaría, a secretaría xeral e a valedora someten unha menor, só por utilizar en redaccións e probas escritas unha denominación do país plenamente lexítima e de uso normal por institucións, organizacións sociais, políticas, sindicais e por miles de cidadáns e cidadás galegas. Trátase non só dunha irresponsabilidade tremenda senón tamén dunha actitude inmoral que só se entende desde o sectarismo e valores que non deberían ter cabida no sistema educativo. Que será o seguinte, prohibir a lectura nos centros de ensino de todos os textos onde aparece Galiza desde a idade a hoxe?

 

Esta Valedora distínguese pola súa rapidez e eficacia só para defender á Xunta, sexa cal for o caso. Da Mesa lembran como chegou a participar dunha campña de acoso a un centro de ensino por pendurar nas súas paredes un cartaz a favor da lingua galetga feito por alumnos e alumnas. Semella que a para Valedora só quen agrede os dereitos lingüísticos merece o seu tempo. Finalemten desde a entidade en defensa da liongua pergúntanse se quen coa súa actide sectaria e baseada en prexuízos ideolóxicos inutiliza unha institución que ten como obxectivo defender á cidadanúia dos abusos pode continuar no cargo un minuto máis.

 

En las orgías del Partido Popular (sede Mallorca) drogaban y golpeaban a las mujeres “cobraban muy bien”, pero “tenían que someterse a vejaciones como palizas, sobredosis de drogas y a prácticas sexuales violentas”, según los autos del Juzgado..

El expresidente del PP de Palma de Mallorca, José María Rodríguez, y el diputado autonómico Álvaro Gijón, asistían a fiestas con droga y sexo en una finca propiedad de Cursach o en prostíbulos de las islas. El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir leyendo..(+)

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro sigue negando hacer público el dinero que le dio a Xurxo Souto (Nunca Mais) y Mercedes peón (Burla Negra) al contratarles para las fiestas de Maria Pita.

Xulio Ferreiro sigue negando hacer público el dinero que le dio a Xurxo Souto (Nunca Mais) y Mercedes peón (Burla Negra) al contratarles para las fiestas de Maria Pita.

  A Marea y Xulio Ferreiro se niegan a dar cantidades sobre las contrataciones particulares del Alcalde de miembros sindicalistas y líderes de Burla Negra e de Nunca Mais. ¿...