Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

  • A AFG, logo de tres anos de reunións infrutuosas con Medio Rural, opta por amosarlles aos parlamentarios, sobre o terreo, a situación real dos montes veciñais galegos

  • Á primeira visita na que participaron parlamentarios do BNG, seguirán as de En Marea e PSdeG-PSOE, quedando por concretar a do Partido Popular.

 

 

 

 

Ponteareas, 10 de xullo 2017.- O pasado sábado, día oito de xullo, comunidades de montes do sur da provincia de Pontevedra, todas elas socias da Asociación Forestal de Galicia (AFG), acolleron a primeira das visitas forestais que a asociación e estas comunidades poñen en marcha de cara a dar a coñecer a realidade dos montes veciñais de Galicia.

 

Logo de tres anos de reunións coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, “sen que estas deran en ningún momento deron o froito agardado”, afirman dende a Asociación, tomouse a decisión de convidar a todos os grupos parlamentarios a unhas visitas forestais de tal xeito que puideran coñecer, sobre o terreo “non só a situación actual dos montes veciñais de Galicia, senón tamén os problemas cos que se atopan os veciños e veciñas encargados da xestión destas propiedades e as súas demandas”.

 

O grupo parlamentar do BNG, co deputado por Pontevedra, Luís Bará e outros cargos da organización, foron os primeiros en participar nesta iniciativa o pasado sábado, percorrendo os montes das parroquias de Ribadetea, Xinzo e Guláns (Couso) todos eles en Ponteareas, amais do da parroquia de Mos, no concello do mesmo nome.

 

Os parlamentarios estiveron acompañados, ademais, por representantes doutras comunidades de montes, non só de Ponteareas, senón de concellos como Salceda de Caselas, Mos e O Porriño, mentres que por parte da AFG participaban os enxeñeiros Carmen Boente e Xosé Covelo, o responsable da Área Económica, Daniel Rodríguez e o vicepresidente de Montes Veciñais de AFG, Xesús Represas.

 

No decurso da visita, tanto o deputado Luís Bará como os cargos do BNG que o acompañaba, tiveron a oportunidade de coñecer, de primeira man, a situación duns montes veciñais que, na opinión dos seus propietarios “precisan de políticas activas que demostren que se está a tomar en serio o sector forestal galego”.

 

Os parlamentarios nacionalistas agradeceron á organización o convite e deixaron claro o seu interese por este tipo de encontros dos que, dixeron, “serven para ter contacto directo con esta realidade que redundará na realización dun traballo político máis frutífero”

 

Antes de rematar a visita, a AFG fíxolle entrega a Luís Bará, de dous documentos. Nun deles reflíctese a realidade económica destas entidades, mentres que no segundo documento plásmanse unha serie de medidas de política forestal de Galicia que a Asociación hai tempo que vén reclamando sen que sexan tidas en conta dende a Administración”.A Asociación fíxolle entrega o deputado de dous documentos, un no que se reflexa a realidade económica de estas entidades e outro no que se plasman unha serie de medias de política forestal para Galicia, que dend

 

A Asociación Forestal de Galicia amosa o seu convencemento de que é preciso facer “unha aposta decidida e valente polo monte como elemento xerador de riqueza e como canle de asentamento da poboación no rural” e, dende ese punto de vista, “como unha ferramenta útil e eficaz contra o despoboamento, un dos grandes problemas cos que se enfronta o medio rural galego”. Esas medidas, subliñan dende AFG “só son posibles de realizar contando cos propietarios dos montes”.

 

As visitas continuaran o vindeiro día vinte e dous de xullo, coa participación do grupo parlamentar de En Marea, a que seguirá a do PSdeG-PSOE, quedando pendente de concretar a dos parlamentarios do Grupo Popular.

 

 

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

Miércoles, 20 Septiembre 2017
Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

La Asociación de Vecinos del Ventorrillo según fuentes de Xornal Galicia es la única Asociación de Vecinos de A Coruña que a recibido los fondos destinados a las asociaciones vecinales...