Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) quere denunciar o tratamento informativo que recentemente se lle dou no xornal El Correo Gallego a unha persoa sen fogar que vive na cidade de Santiago de Compostela. A noticia alude á situación na que se atopaba a persoa nun momento determinado, e acompáñase dunha imaxe que atenta contra o dereito á privacidade e o respecto á imaxe e identidade persoal, ademais de aportar no texto datos persoais que en nada contribúen á relevancia xornalística da nova, ao indicar o seu nome completo e expoñer cuestións relativas á súa vida privada.

 

Por iso, esta noticia incorre ao noso parecer non só nunha grave falta de profesionalidade xornalística, senón na vulneración de dereitos fundamentais da persoa á que se fai alusión.

Dende un punto de vista socioeducativo, este tipo de información non só non achega ningún valor ao coñecemento de problemáticas de persoas ou colectivos, senón que alimenta os estereotipos e crea situacións de rexeitamento social que dificultan calquera proceso de inclusión.

A responsabilidade ética dos medios de comunicación é necesaria debido ao relevante papel destes na opinión pública. E isto precisamente é unha oportunidade para colaborar na constitución dunha sociedade máis comprometida coa inclusión social, axudando na sensibilización cidadá ante este tipo de problemáticas.

Como xa fixemos en 2015, tras outra nova sobre persoas sen fogar publicada no mesmo xornal, queremos recordar o http://www.xornalistas.com/colexio/codigo-deontoloxico-galego/Código Deontolóxico manexado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e aludir ao manual de estilo xornalístico promovido pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza (EAPN) “http://www.eapn.es/ARCHIVO/documentos/recursos/2/1081_ficheros_documentos_Guia_PSH_EAPN_Madrid.pdf" Mira a las personas sin hogar. Guía de estilo para periodistas”, unha ferramenta útil para un trato adecuado na información dos medios de comunicación.

 
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...