Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O Concello, a través do seu alcalde, Alberto Varela, manifestou o seu apoio á candidatura do parque das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade dentro dos espazos naturais catalogados pola Unesco. O alcalde subliñou a importancia, dende todo dos puntos de vista –medioambiental, turístico, económico, social- que tería tal declaración para a illa de Cortegada. Por esa mesma razón, reivindicou a habilitación dun centro de interpretación do arquipélago, algo que o conselleiro, Román Rodríguez, dixo estar disposto a estudiar nunha próxima reunión.
14.06.2017. Xunto con delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e varios concelleiros do goberno local, o alcalde e o conselleiro visitaron Cortegada para analizar in situ os pasos a dar na candidatura que a Xunta promove que as Illas Atlánticas sexan incluídas na lista que o goberno central remitirá á Unesco, e as consecuencias que tal declaración tería para Galicia e para cada un dos concellos implicados. Os trámites poden durar entre seis e sete anos, debido ao rigor co que se realiza a elección a nivel global. O alcalde subliñou, ao respecto, que en toda a Terra só hai nestes momentos 203 espazos naturais declarados como Patrimonio da Humanidade, o que dá unha idea da importancia do proxecto agora en marcha.
Rodríguez volveu a insistir en que este parque, como ocorreu no seu día con Doñana, por exemplo, cumpre cos catro indicadores que en materia natural sinala a Unesco. Cun que só cumprira un xa sería posible presentar a candidatura, pero o certo é que Illas Atlánticas cumpre coas catro. Ao que o alcalde engadiu que, no caso de Cortegada, aínda se podería sumar outro dos criterios, o número 5, previsto para patrimonio cultural: “Ser un exemplo eminente dunha tradición de asentamento humano, utilización do mar e da terra, que sexa representativa dunha cultura (ou culturas), ou da interacción humana co medio ambiente, especialmente cando este se volva vulnerable fronte ao impacto de cambios irreversibles”, condición que cumpriría o poboamento de Cortegada e a explotación que dos recursos da terra e do mar se fixo durante séculos.
Neste sentido, o alcalde reivindicou diante do conselleiro a creación dun centro de interpretación ou museo que preserve e explique eses valores naturais, patrimoniais e históricos. Alberto Varela lembrou, neste sentido, que Vilagarcía conta para iso co apoio da Asociación de Municipios con Territorio en Parques Nacionais (Amuparna). Román Rodríguez considerou xusta esa reivindicación e emprazou ao alcalde a manter unha próxima reunión, esta vez en Santiago, para analizar a súa viabilidade.
Pola súa banda, e na mesma visita á Illa, o director do parque, Pepín Fernández, anunciou que en breve se iniciará o proxecto de consolidación dos muros da vella igrexa e que existe outro plan para consolidar ou rehabilitar, segundo o caso, o antigo poboado, hoxe en ruínas. Tamén, que se está estudando a posibilidade de facilitar aloxamento aos mozos e mozas que cada verano acoden á illa para realizar labores de mantemento ao tempo que reciben formación medioambiental.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...