Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Un ministro guineano achegarase a polígonos industriais, tecnocentros, viveiros de empresas, cámaras de comercio e modelos urbanos en diversos concellos

 

- Participará nas Xornadas ‘Os retos da cooperación municipalista na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible’ que se celebran o 31 de maio

Pontevedra, 26 de maio de 2017. O ministro de Administración Territorial de Guinea-Bissau, Sola Naquilin, coñecerá do 29 de maio ao 1 de xuño diversas accións de desenvolvemento local e ordenamento do territorio convidado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A delegación africana, integrada tamén por responsables do Programa de Gobernación e Desenvolvemento Local impulsado pola ONU, comprobará o apoio que deputacións e concellos prestan a iniciativas empresariais, tecnolóxicas, urbanísticas e asociativas que buscan o progreso económico e social.

A comitiva iniciará o luns o percorrido por Galicia na Deputación de Pontevedra, onde lles dará a benvida a presidenta provincial, Carmela Silva, para trasladarse logo ao polígono industrial Barro-Meis e á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro de investigación sobre as enfermidades dos cultivos. Pola tarde, serán recibidos polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, que lles explicarán o premiado modelo urbanístico da cidade, logo de realizar un percorrido polo centro.

O martes arrincará cunha xuntanza coa Comisión Executiva do Fondo Galego, á que acudirán representantes dos concellos de Nigrán, Redondela, Pontevedra, Oleiros e da Deputación da Coruña. Está por confirmar asemade unha cita coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. Con quen si se reunirán é coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e coa Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local, un encontro ao que tamén acudirá o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo. A xornada pecharase coa visita ao Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

Alén do ministro de Administración Territorial, integran a delegación guineana o director de Servizos de Licenciamento e Incentivos ao Investimento, Micailo Biai; o director xeral do Programa de Gobernación e Desenvolvemento Local de Guiné-Bissau, Mahalam Mane; a asesora técnica principal de dito programa promovido polo Plan de Desenvolvemento de Nacións Unidas (PNUD), Angela Abdula, e mais Iván Arizcurinaga, consultor da mesma iniciativa, que busca promover o bo goberno, a prestación de servizos básicos e o acceso das poboacións máis vulnerables a oportunidades económicas, con enfoque de xénero.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...