Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Cada neno percibirá como agasallo un exemplar deste libro publicado en 1968

Nigrán, 16/05/17.- O Concello de Nigrán festexa o Día das Letras Galegas coa representación mañá no Auditorio Municipal ás 20.00 horas de 'A galiña azul', unha adaptación teatral de Ubú Teatro sobre o libro de relatos homónimo escrito por Carlos Casares e destinada a un público de 6 a 10 anos e ás súas familias.

Os nenos asistentes recibirán como agasallo do Concello de Nigrán, ao finalizar, un exemplar deste libro publicado orixinariamente en 1968 (foi unha das primeiras obras editadas en galego para o público miúdo).

'A galiña azul' contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. O libro toma a forma dunha carta enviada a unha nena e nel aparecen personaxes inesquecibles coma Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade; a abnegada formiga esquiadora que partiu unha perna; ou, por suposto, a misteriosa galiña azul “con cinco plumas vermellas nunha á”, que pon ovos de cores e ten alarmadas ás autoridades. A compañía responsable da adaptación teatral emprega diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.

Paralelamente, no Auditorio Municipal permanece a exposición 'Carlos Casares e a fotografía', onde se profundiza a través de 30 imaxes nesta faceta artística relativamente descoñecida do autor, pero tan importante como relevante nalgunhas das súas obras literarias.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...