A Academia celebra o Día das Letras Galegas en Xinzo de Limia

XornalGalicia  16 Mayo 2017  625 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  • A sesión extraordinaria co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares terá lugar no salón de plenos municipal da vila onde medrou
  • O programa inclúe as alocucións da académica Fina Casalderrey e dos académicos Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, pechará o acto

A Coruña, 16 de maio de 2017. – A Real Academia Galega celebrará mañá mércores, 17 de maio, o Día das Letras Galegas en Xinzo de Limia, a vila onde medrou Carlos Casares, o homenaxeado deste ano. A sesión extraordinaria da institución dedicada ao escritor terá lugar no salón de plenos do concello a partir das 11:30 horas e contará con intervencións arredor da produción literaria e a vida do autor a cargo da académica Fina Casalderrey e dos académicos Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, será o encargado de pechar o acto, que poderá seguirse en directo a través da pantalla instalada na carpa que se montará na praza Carlos Casares.

Nado en 1941 na cidade de Ourense, Carlos Casares marchou a vivir con só catro anos a Xinzo de Limia, a vila da que seu pai era natural, e onde este exerceu como mestre durante décadas. A comarca da Limia deixou unha importante pegada na súa vida, reflectida na súa obra literaria.

O territorio da súa infancia e adolescencia foi o elixido para o acto central da Real Academia Galega neste ano dedicado á súa figura no que a institución tamén desenvolverá outras iniciativas noutros escenarios destacados da súa traxectoria. A RAG abriu en febreiro o Ano Carlos Casares coa presentación do proxecto web Primavera das Letras no CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán), onde estableceu o seu fogar, e a finais de ano celebrará un simposio sobre o autor.

Biografía de Carlos Casares en academia.gal: http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/894750"

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (DLG 2017 Carlos Casares.pdf)DLG 2017 Carlos Casares.pdf 699 kB
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...