A Fundación de Ferrocarrís Españois publicita no boletín nacional a futura vía verde de Vilagarcía, Caldas e Portas

XornalGalicia  15 Mayo 2017  651 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
A futura Vía Verde que discorrerá entre Vilagarcía, Caldas de Reis e Portas xa se está a promocionar a nivel nacional a través da publicación dixital da Fundación de Ferrocarrís Españois. No seu boletín do mes de maio, a Fundación publica unha información sobre os traballos de redacción do proxecto da que será a primeira senda integramente galega creada nun tramo de vía en desuso. Ademais, a Área Técnica da Fundación anunciou que en breve remitirán un avance do proxecto para recoller as opinións e suxerencias dos respectivos concellos.
13.05.2017.- A noticia do boletín InfoVías Verdes pode lerse na web http://www.vias verdes.com reporta unha importante difusión e promoción do proxecto, posto que a o boletín dixital da FFE que conta actualmente con 12.000 subscritores, ao que hai que engadir os 5 millóns de visitas cos que cota a web da Fundación. As distintas fases de execución do proxecto e de construción tamén se irán dando a coñecer a través destes medios co obxectivo de que a Vía Verde sexa xa bastante coñecida no momento da súa apertura.
Na información explícase que o proxecto que está redactando a Área Técnica de la Gerencia de Patrimonio Histórico y Turismo Ferroviario da FFE, recuperará como vía verde os 9,20 quilómetros do percorrido entre Vilagarcía de Arousa e a estación de ferrocarril de Portas.
Conexión dos camiños portugueses coa Ruta Xacobea do Mar de Arousa Tamén se advirte de que este antigo trazado ferroviario converterase na primeira vía verde que discorrerá integramente na comunidade galega, e que o seu acondicionamento permitirá a conexión dos camiños portugueses e a costa cara Santiago de Compostela.
Os primeiros 7,95 quilómetros discorren polo antigo trazado ferroviario, dende o lugar de Abelle, na parroquia de Rubiáns, en Vilagarcía e as proximidades do Monte Agoseite en Portas. A estes súmase un traxecto de 1,25quilómetros que discorre polo camiño asfaltado do lugar de O Souto e a rúa Estación, para finalizar na estación de ferrocarril de Portas.
Na nota destácase como elemento atractivo da rota, o acondicionamento da ponte metálico que salva o río Umia, no límite municipal entre Caldas e Portas, construción que os técnicos cualifican como “un magnífico exemplo da enxeñería ferroviaria de finais d século XIX, con 3 vanos e unha lonxitude total de 64 metros.
Outros elementos de interese que salientan os redactores son a antiga azucareira de Portas, “claro exemplo do patrimonio industrial”, construcións de relevancia arquitectónica e de encanto singular como o Pazo de Rubiáns e os seus xardíns de camelias; así como numerosos rincóns e construcións históricas das comarcas do O Salnés e Caldas en na provincia de Pontevedra.
http://www.vias verdes.com http://www.viasverdes.com/noticias/noticia.asp?id=636
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...