O BNG trasladou ao Pleno as queixas veciñais pola nova paralización das obras na Cruz Verde

XornalGalicia  11 Mayo 2017  905 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

“O mínimo é informar á veciñanza do que se fai ás portas das súas casas e de canto vai durar a paralización, polos prexuizos que ocasionan estas obras”

Betanzos, 10 de maio de 2017. O BNG trasladou de novo a Pleno o malestar da veciñanza da Cruz Verde “porque novamente están paralizados os traballos no remate desta rúa”, onde se constrúe unha praza cunha pérgola metálica de máis de 9000 euros. A veciñanza indicou ás nacionalistas que a paralización dos traballos está “alongando no tempo os prexuízos que se lles ocasiona, tanto pola diminución do número de prazas de estacionamento como pola volta que obriga a dar o precinto do Calexón dos Xudeos”.

 

“Hai un mes o goberno local respondeunos que a anterior paralización das obras se debía a un problema coa subministradora da enerxía eléctrica, mais agora non sabemos a que responde”, explica o voceiro dos nacionalistas, Henrique del Río. Por este motivo, requeriu ao goberno local que indique “canso se retomarán as obras e se rematarán en prazo”.

Del Río reprochou ao goberno local que non informase á veciñanza da paralización dos traballos e por que se produciu. “O mínimo é informar á veciñanza do que se fai ás portas das súas casas”, indicou. “Van quince días desde o Pleno e non só non informaron á veciñanza nin nos respostaron ás preguntas, senón que tampouco hai movementos na zona”, lamenta.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...