Reclamación da cota obreira indebidamente retida pola Xunta

XornalGalicia  05 Mayo 2017  719 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A comezos do mes de abril, un sindicato lanzou a información de que a Xunta estaba a reter indebidamente un incremento da cota obreira da nómina correspondente aos meses de xaneiro e febreiro. Segundo a explicación que difundiron esa retención indebida debería ser asumida pola empresa por telo efectuado fora de prazo. A tal efecto elaboraron e espallaron un modelo de solicitude promovendo que o persoal reclamase a devolución do importe retido.

 

Foron moitas as consultas recibidas pola CIG, e como continúan a ser moitas vamos a transmitir a explicación que lle estamos a dar a quen contacta connosco.

A Xunta executou na nómina de marzo un incremento da cota obreira correspondente aos meses de xaneiro e febreiro, en aplicación da Lei 1/2017 de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2017. Esto estaría a incumprir o artigo 22.4 do Real Decreto 2064/1995 que dí: “O empresario descontará aos seus traballadores, no momento de facerlles efectivas as súas retribucións, a aportación que corresponda a cada un deles. Se non efectuase o desconto en dito momento non poderá realizalo con posterioridade, quedando obrigado a ingresar a totalidade das cotas ao seu exclusivo cargo”.

O anterior, que é correcto, esquece que o Real Decreto 1415/2004, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación da Seguridade Social di:

Artículo 56. Plazos reglamentarios de ingreso de cuotas. c) Respecto de otros supuestos especiales:  2.º El plazo reglamentario para el ingreso de las cuotas por incrementos de salarios, modificaciones de las bases, conceptos y tipos de cotización que deban aplicarse con carácter retroactivo [..] finalizará, salvo que en dichas normas o actos se fije otro plazo, el último día del mes siguiente al de la publicación en el boletín oficial correspondiente de las normas que los establezcan, al de agotamiento del plazo de opción, al de la notificación del acta de conciliación o de la sentencia judicial o al de la celebración o expedición del título. [..]

Os orzamentos da Xunta foron publicados en febreiro e, xa que logo, segundo o RD referido a empresa tiña de prazo ata o último día do mes seguinte (marzo) para regular as bases de cotización e as cotas resultantes do incremento retributivo.

Entende a CIG que o incremento da retención practicada en marzo é correcta. Porén, non tería consecuencia negativa algunha o escrito de reclamación, así que cada quen actúe como considere.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...