A Deputación de A Coruña, no fomenta o emprego pero monta festas para que os parados esten entreteñidos...228 actuacións á Costa da Morte e Bergantiños

XornalGalicia  26 Abril 2017  849 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 532.861,54 € que se investiran en 228 actuacións nos 18 concellos. A Deputación achega á programación 333.983,72 € nun circuíto do que a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, destacou a súa vitalidade na zona.

 

Un total de 228 actuacións incorporaranse a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña á programación dos 18 concellos da Costa da Morte e Bergantiños. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña destacou na presentación en Carballo da programación da Rede Cultural a súa "vitalidade na comarca da Costa da Morte e Bergantiños, con propostas variadas e interesantes que achegarán actuacións culturais de calidade á totalidade dos concellos".

A Rede Cultural move así un orzamento total nos 18 concellos de 532.861,54 € dos que 333.983,72 € son achega da Deputación da Coruña. Para a programación da Costa da Morte e Bergantiños, o orzamento incrementouse desde o ano 2015 en 166.175,39 €, unha vez que a Deputación concedeu a totalidade das solicitudes dos concellos. Das 228 actuacións que se desenvolverán na área, 144 corresponden ao programa "Escena ao vivo", propostas profesionais de teatro e títeres, música e danza, e 46 á liña non profesional que se agrupa baixo o título de "Alicerce". Finalmente, a programación incluirá 38 proxeccións cinematográficas dentro do programa "Visións" que ten como obxectivo contribuír á distribución, de maneira especial, da produción audiovisual galega.

"A maior parte da programación correspóndese con concellos de menos de 10.000 habitantes co que a Rede Cultural responde ao fin fundamental que é levar a cultura a toda a poboación, con especial atención aos concellos que teñen máis dificultades para programar", explicou Goretti Sanmartín Rei que estivo acompañada na presentación en Carballo, o concello máis grande e con maior investimento da área, polo alcalde Evencio Ferrero e o concello de Cultura, Marcos Trigo.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación valorou a calidade da proposta que chegará aos concellos da área da Costa da Morte e Bergantiños cun amplo abano de "propostas dirixidas ao público infantil, concertos, espectáculos de circo ou teatro ademais de cinema que é unha das incorporacións recentes da rede".

Aos concellos Da Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas chegarán espectáculos teatrais de compañías como Talía Teatro, Ibuprofeno Teatro, a Panadaría ou Chévere; actividades para o público infantil de compañías e artistas como Elefante Elegante, Boabab Teatro, Mamá Cabra, Ghazafelhos, Magín Blanco, O Sonoro Maxin ou Títeres Cachirulo; concertos de Guadi Galego, Susana Seivane, Budiño máis Mercedes Peón, Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Milladoiro, Sés ou Radio Cos e películas como "Encallados", "A praia dos afogados" ou "A esmorga". Corais e bandas compoñen tamén a oferta da Rede Cultural dentro de "Alicerce" con actuacións das bandas de Santa Cruz de Ribadumia ou a de Cee e as corais de Carnota ou Ecos de Chamorro.

"Estamos a poñer os vimbios necesarios para que o sector cultural, o mundo do teatro, a danza, o cinema e a música, podan contar con espazos onde ofrecer a altísima creatividade que existe neste momento na nosa cultura", apuntou Goretti Sanmartín para quen a Rede Cultural cumpre tamén o "importantísimo papel de estar a contribuír a crear novo público na totalidade dos concellos".

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...