Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A sentenza frustra por terceira vez os intentos de INCA de desprestixiar a plataforma "Lugo de Cara ao Miño" e as súas reivindicacións na defensa do río Miño fronte o impacto ambiental, económico e social da minicentral da Fábrica da Luz.

 

Lugo, a 21 de abril de 2017.- Os compañeiros de "Lugo de Cara ao Miño" que foron acusados pola empresa INCA de presunta coacción no decurso dunha concentración a carón das obras do dique da Fábrica da Luz que tivo lugar o 15 de decembro de 2015, veñen de ser absoltos polo Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo "por non existir probas suficientes" que permitan verificar a versión do denunciante, neste caso, o administrador único da empresa, Miguel García Gesto. A sentenza confirma así a inocencia dos acusados e a falta de probas que demostren que os ecoloxistas tratasen de coaccionar ao representante da mecantil e aos traballadores da empresa que estaban a construír o fatídico dique ilegal da Fábrica da Luz.

Desde "Lugo de Cara ao Miño" consideramos que finalmente se fixo xustiza cos nosos compañeiros Lola, Lois e Miguel, que foron sometidos a un desafortunado procedemento xudicial e a unha demanda penal sen ningún tipo de fundamento, que só trataba de desprestixiar o nome e a honra da plataforma "Lugo de Cara ao Miño" e amilanar a súa acción reivindicativa na defensa do río Miño fronte á construción da minicentral da Fábrica da Luz, da que INCA é adxudicataria.

Esta demanda penal constitúe o terceiro intento frustrado de INCA de desprestixiar os membros da plataforma "Lugo de Cara ao Miño" diante dos tribunais. A presente denuncia xa fora arquivada en primeira instancia polo xuíz instrutor por falta de probas, pero tras o recurso da mercantil, o xulgado volveu reabrir o procedemento que agora fallou a favor dos ecoloxistas. Por outra parte, no mes de abril do ano pasado, INCA e Miguel García Gesto reclamaban ante o tribunal de Instrución nº 2 de Lugo a inusitada cantidade de 50.000 euros en concepto de indemnización a cargo da plataforma Lugo de Cara ao Miño, ADEGA, Sos Río Miño e unha veciña de Lugo por presuntos danos e prexuízos supostamente derivados das informacións vertidas por estes colectivos nas redes sociais. Esta demanda, finalmente, tampouco tivo percorrido. INCA volveu a cargar contra este movemento a finais de 2016, cando presentou unha nova demanda penal contra 9 membros de "Lugo de Cara ao Miño", tamén por suposta coacción durante a concentración da plataforma do 30 de agosto na que denunciamos a presenza do nenúfar de río, unha especie en perigo de extinción, no lugar no que a empresa pretendía construír un novo dique. Finalmente, a poucas horas da celebración do xuízo contra os 9 compañeiros, INCA retirou a demanda a sabendas de que as súas acusacións non tiñan fundamento.

Por outra banda, "Lugo de Cara ao Miño" quere agradecer as mostras de cariño que nos dedicaron os centos de persoas que asistiron as tres concentracións convocadas diante dos xulgados de Lugo para apoiar aos membros da plataforma denunciados por supostas coaccións e a todos aqueles colectivos e organizacións que nos fixeron chegar a súa solidariedade.

Por último, queremos agradecer especialmente aos dous letrados do sindicato CIG que se ofreceron a defender os nosos compañeiros e compañeiras ante os tribunais de forma altruísta.

Malia que a sentenza é recorrible, confiamos en que empresa INCA conserve aínda algo de dignidade e non proceda a presentar recurso.

En las orgías del Partido Popular drogaban y golpeaban a las mujeres “cobraban muy bien”, pero “tenían que someterse a vejaciones como palizas, sobredosis de drogas y a prácticas sexuales violentas”..

El expresidente del PP de Palma de Mallorca, José María Rodríguez, y el diputado autonómico Álvaro Gijón, asistían a fiestas con droga y sexo en una finca propiedad de Cursach o en prostíbulos de las islas. El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir leyendo..(+)

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

A dos años de legislatura de los alcalde de las MAREAS "nada que ver con PODEMOS", se han jactado a diario de sus fiestas políticas en sus horarios laborales, viajes...