Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Sindicato Labrego Galego rexistrou onte, 19 de abril, un documento con cinco alegacións ao proxecto de real decreto sobre a etiquetaxe dos lácteos. Nestas alegacións, pídeselle á ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, que a información nos envases e etiquetas do leite e dos derivados lácteos, sen excepcións, inclúa datos como o Estado e a comunidade autónoma de orixe. Ademais, dende o SLG rexeitamos totalmente a proposta de informar sobre a orixe do produto con fórmulas xenéricas do estilo “países da UE, países fóra da UE” e solicitamos, expresamente, que se retire este apartado do decreto.

 

A maiores, tamén pedimos un maior control, revisando o sistema de trazabilidade e incluíndo no decreto “un sistema de verificación habitual, por parte das autoridades competentes, de todas as entradas e saídas de produtos nas industrias que aporte garantías adicionais para unha trazabilidade total en caso de problemas de seguridade alimentaria”.

Finalmente, aproveitando o proceso para regular a etiquetaxe, pedímoslle ao Ministerio de Agricultura que responda con esta normativa ás crecentes demandas da sociedade en canto a saúde, transparencia e compromiso social. Por iso, avogamos por que as etiquetas e envases do leite e dos seus derivados recollan tamén información referente a parámetros como a alimentación do gando, o tipo de procesado e mesmo a porcentaxe de remuneración que lle corresponde aos gandeiros e gandeiras con respecto ao prezo pagado polos consumidores e consumidoras.

Precisamente, este tipo de información nos produtos lácteos está a ser cada vez máis demandado pola cidadanía, como demostran os resultados do estudo feito pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración co SLG e UUAA, e presentado onte, no que o 97% das persoas enquisadas queren que sexa obrigatorio indicar a orixe do leite na etiqueta, e a inmensa maioría ve necesario incluír datos como a alimentación do gando, a orixe do ingrediente principal, o tipo de procesado, o lugar de envasado e as marxes comerciais.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

A TRANSPARENCIA de #XulioFerreiro y #MareaAtlántica esta basada en la #CENSURA y #OCULTACIÖN bajo #Dolo el #ignoranciadeliberada, si desea ganar un pleito al Concello de A Coruña, pregunte que abogado le recomienda el líder de #Amareaatlantica

A TRANSPARENCIA de #XulioFerreiro y #MareaAtlántica esta basada en la #CENSURA y #OCULTACIÖN bajo #Dolo el #ignoranciadeliberada, si desea ganar un pleito al Concello de A Coruña, pregunte que abogado le recomienda el líder de #Amareaatlantica

  A Comisión de Transparencia de Galicia obliga al Concello de A Coruña Gobernado por Marea Atlántica a hacer pública la lista de Asesores y Letrados que trabajan a la...