MÁIS DE 20 ANOS ACUMULANDO RODAS EN LENDO PARA ACABAR QUEIMANDO 25.000 TONELADAS

XornalGalicia  07 Abril 2017  855 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

RECOÑECEN QUE SÓ O 26% DAS 35.000 TONELADAS ACUMULADAS PODERÁN SER REUTILIZADAS

Veñen de anunciarnos o inicio da tan agardada retirada das 35.000 toneladas de rodas amoreadas nas instalacións do Grupo Campo, en Lendo (A Laracha), instalacións que recibiron a visita da Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galiza. A empresa adxudicataria do contrato disporá agora dun prazo de 15 meses para a súa retirada. Xa nos advirten que só un 26% dos neumáticos poderán ser reutilizados, debido ao mal estado das gomas xa que a maior parte levan 20 anos ou máis á intemperie. O 74% restante serán trasladados a Sogama onde se utilizarán para a producción de enerxía mediante a súa “valorización enerxética”, ou sexa, serán directamente queimados.

Desde o BNG da Laracha, ao longo dos anos (desde o ano 1995 cando acadamos representación por primeira vez na Corporación Municipal) preguntamos ao goberno municipal en múltiples ocasións polo destino desa enorme cantidade de rodas que se acumulaban en Lendo, preocupados pola posibilidade dunha catástrofe como a acontecida recentemente en Seseña, e a resposta do goberno do PP sempre foi que o seu destino era a reciclaxe nunha planta do mesmo grupo empresarial noutro lugar. Unha planta que nunca chegou a existir, e unha reciclaxe que nunca se fixo e que vai rematar na queima de máis de 25.000 toneladas de rodas. Claro que a empresa contratada para a retirada cumprirá coas condicións impostas, xa que a Xunta só lle esixe a recuperación dun 20%.

E que pasa con todo o diñeiro que o Grupo Campo recibiu durante anos polo tratamento (inexistente) das rodas usadas? Acaso non pagamos todas e todos cada vez que cambiamos as rodas do coche polo tratamento das usadas? Váiselle esixir ao Grupo Campo que devolva ese diñeiro ou que pague polo “tratamento” (incineración maiormente) que se vai facer agora?

A Laracha, 7 de abril de 2017

Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Ciudadanos Cs A Coruña critica “el desprecio” de la Marea Atlántica por los Carnavales de Monte Alto

Miércoles, 14 Febrero 2018
Ciudadanos Cs  A Coruña critica “el desprecio” de la Marea Atlántica por los Carnavales de Monte Alto

Miguel Ángel Rosende: “La falta de previsión e interés por los carnavales de la calle de la Torre por parte de este gobierno es indignante” A Coruña 14 de Febrero...