Iniciada la gestión de otro "chiringuito" para el sector turístico mediante fondos públicos de la Diputaciónd e Pontevedra

XornalGalicia  05 Abril 2017  582 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

El comunicado de la gestora:

 

A campaña que desenvolve a Deputación de Pontevedra para impulsar a implantación, ao longo deste ano, do certificado de calidade turística SICTED está a ter unha gran acollida entre o sector turístico da provincia. O deputado de Turismo, Santos Héctor, subliñou hoxe nunha sesión informativa sobre o proxecto,  que xa son 36 as novas empresas que solicitaron a súa inclusión no certificado de calidade en pouco máis dun mes de comezo da campaña.

O deputado de Turismo destacou que a comezos de ano eran  203 empresas na provincia que contan co certificado SICTED e que a previsión coa que traballa a Deputación é que tras a campaña de información que está a desenvolver entre o sector turístico da provincia se superen as 250 empresas. De feito, Santos Héctor subliñou que nestes primeiros encontros co sector a demanda dos interesados está sendo moi importante, ate o punto de que as previsións estanse a cumprir e "fainos ser moi optimistas de cara incluso a superar as nosas propias estimacións".

Estas estimacións, segundo destacou o deputado provincial, era achegarnos neste primeiro trimestre ate as 35 empresas, "cifra que xa vimos lixeiramente superada tras a celebración da Gala do Turismo Rías Baixas que celebramos en Vigo".

Para poder optar á certificación, as empresas deben estar englobadas nalgún dos 32 oficios que identifica o SICTED, que son  praias; bares e cafeterías; axencias de viaxe; guías turísticos; seguridade cidadá; comercios; cámpings; adegas; portos deportivos; palacios de congresos; hoteis e apartamentos; turismo industrial; servizos de limpeza; taxis; albergues; convention bureaux; outros servizos; aloxamentos rurais; artesáns; atraque de cruceiros e ferries; servizos turísticos de saúde; empresas de transporte turístico; estacións de esquí e montaña; espazos naturais protexidos; oficinas de información turística; museos e centros de interese turístico; empresas de turismo activo; escolas de español para estranxeiros; aluguer de vehículos e embarcacións de recreo; campos de golf e campos de pitch&putt; restaurantes e empresas turísticas de catering.

As empresas terán ate o próximo día 14 de setembro para adherirse ao proxecto. Posteriormente, abrirase un proceso de formación e asesoramento individual a cada empresa para concluír coa avaliación final. Por último, será Turismo Rías Baixas quen valora as propostas que finalmente obteñan a certificación .

Precisamente hoxe celebrouse en Vilagarcía outra das xornadas de información sobre o certificado SICTED, na que xunto ao deputado de Turismo, participaron o alcalde, Alberto Varela e o concelleiro de Turismo vilagarcián, Juan Antonio Pérez Callón.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...