O CONCELLO DE NIGRÁN ARRANCA HOXE A CONTRATACIÓN DAS OBRAS QUE FARÁN DO RÍO MUÍÑOS UN ESPAZO FLUVIAL DE REFERENCIA

XornalGalicia  02 Abril 2017  636 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O proxecto, cun orzamento de 600.000 euros, devolve o equilibrio natural ao río e inclúe a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paisaxe

Co obxectivo de recuperar a súa hidroloxía natural e frenar os cambios bruscos no cauce -causante da alteración do ecosistema dunar de Praia América- empregaránse técnicas ecolóxicas e de drenaxe sostible pioneiras no sur de Galicia

O goberno, a diferencia do anterior, aposta por un proxecto que, ante todo, respeta e prioriza a sostibilidade do río i engade á actuación os 40.000 metros cadrados da zona deportiva; “non buscamos ornamentalo artificialmente", sinala o alcalde, Juan González

Nigrán 31/03/17.- O Concello de Nigrán arrancou hoxe o proceso de contratación das obras que levarán adiante o proxecto de acondicionamento integral do río Muíños, cun orzamento de 600.000 euros procedentes do aproveitamento urbanístico do parque empresarial de Porto do Molle. O equipo encargado de desenvolver este proxecto, liderado polo arquitecto Ángel Santorio e o enxeñeiro forestar Javier Santiago, presentou hoxe polo miúdo a súa nova proposta xunto ao alcalde de Nigrán, Juan González, e a tenente de alcalde, Raquel Giráldez. O obxectivo primorial deste proxecto do goberno socialista de Nigrán, totalmente diferente con respecto ao anterior, será devolver ao río o seu equilibrio natural, fortemente alterado pola presión urbanística do polígono empresarial e da autoestrada, o que provoca cambios bruscos na súa hidroloxía que, a súa vez, alteran a paisaxe con rapidez (como se pode constatar no ecosistema dunar de praia América). Como novidade con respecto ao presentado polo anterior goberno, se vincularán núcleos de ocio e deportivos públicos e totalmente respetuosos coa contorna. Ademáis, se lle engade outra actuación por valor de 201.243 euros (se executará simultaneamente) destinada á mellorar a calidade da auga reparando o sistema de colectores e alcantarillado, que desborda fecais en época de choiva. Con isto, en total investiranse 800.000 euros no río Muíños e a súa contorna (incluído o río Nespereira).

"Co mesmo orzamento cumplimos co convenio de Zona Franca para conectar o río ao polígono e lle engadimos ao proxecto as instalacións deportivas, antes non previstas. O noso goberno, a diferencia do anterior, aposta por unha solución que, ante todo, respeta e prioriza a sostibilidade do río e lle engade uns valores lúdicos; non buscamos ornamentarlo artificialmente, se non potenciar os seus recursos naturais ao máximo. Por outra banda, con esta actuación frenamos definitivamente o impacto negativo que o río está tendo no ecosistema dunar de praia América", sinala o alcalde, Juan González, quen destaca que "non se consignaron máis cartos para efectuar tódolos cambios nin suporá un desembolso maior".

As obras previstas comprende un ámbito de 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle que contempla dende á revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría á creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección nas marxes e creación de pendentes naturais. Todas estas accións está destinadas a frenar a enerxía do río en todo o tramo e, con elo, minimizar o impacto da erosión. Nesta liña, o equipo multidisciplinar liderado por Santorio e Santiago propoñen técnicas de drenaxe sostible baseadas no concepto de lagunaxe, é dicir, mediante a laminación de auga en brañas preexistentes ou creando lagoas artificiais ou humedais.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...