O BNG denuncia que a concesionaria da piscina cobra por enriba da taxa municipal

XornalGalicia  02 Abril 2017  888 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Aínda que as persoas que utilizan o complexo deportivo din que coa nova empresa concesionaria o servizo é mellor, resulta evidente que existe unha falta de control sobre os ingresos e de falta de seguimento do contrato”

Betanzos, 1 de abril de 2017. O BNG advertiu no Pleno que as tarifas que está a publicitar a nova concesionaria do complexo deportivo do Carregal non se corresponden coas taxas previstas na ordenanza fiscal vixente. Así, o voceiro do BNG, Henrique del Río, explicou que a ordenanza, dispoñíbel no portal de transparencia do Concello, prevé “unhas taxas inferiores ás que a concesionaria inclúe na publicidade que está a repartir”.

Así, a modo de exemplo, as nacionalistas explican que mentres a ordenanza fiscal prevé unha “inscrición” de 16,23 euros para o sistema de acceso á piscina mediante abono, a tarifa que a concesionaria inclúe na súa publicidade ascende a 19,64 euros. “Son máis de tres euros de diferenza sobre o previsto na norma”, explica Del Río. Isto non só afecta á inscrición, senón que a cota mensual para un abonado de mañá é de 13,45 euros na ordenanza vixente e na publicidade da concesionaria ascende a 16,27 euros ao mes.

Estas diferenzas mantéñense en todo o sistema de abonos da piscina municipal. Así, o abonado individual segundo a ordenanza pagará uns 24,82 euros mentres que a concesionaria publica unha tarifa de 30,03 euros ao mes e para o familiar a diferenza vai dos 31,63 da ordenanza aos 238,27 euros mensuais da concesionaria. “Son diferenzas que van máis alá dun redondeo, como é evidente, e superiores tamén a sumarlle o IVE ás previsións da ordenanza fiscal”, indica o edil nacionalista.

As nacionalistas sospeitan que estas son as tarifas que está a cobrar realmente a concesionaria, apartándose do que a ordenanza fiscal vixente, e visitábel no web municipal, prevé. Por este motivo, demandaron ao goberno local que aclare “se ten constancia de que se cobren unhas tarifas distintas das que recolle a ordenanza fiscal”. Demandan que se adopten as medidas necesarias para poñer fin a esta situación.

Aínda que as persoas que utilizan o complexo deportivo din que coa nova empresa concesionaria o servizo é mellor, resulta evidente que existe unha falta de control sobre os ingresos e de falta de seguimento do contrato a pesar de que o Pleno aprobase nomear unha persoa encargada do contrato para evitar o descontrol que se viña producindo, con esta e outras concesionarias coma o Hotel San Roque ou a ORA” relata Del Río. “Un descontrol que montaron e consentiron os sucesivos gobernos de PSOE e PP, e que fai que sempre paguemos os pratos rotos as veciñas”, denuncia.

Neste sentido, desde o BNG recordan que defenderon no Pleno analizar pormenorizadamente a posibilidade de recuperar a xestión municipal directa sobre o complexo deportivo do Carregal, cunha concesión que remata en tres anos. “Lamentabelmente o resto dos grupos da Corporación non o apoiaron”, conclúen.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...