O xulgado de Pontevedra vén de dar a razón ós socialistas: unha sentenza recoñece que o proxecto de Fenosa, apoiado pola Xunta, é ilegal

XornalGalicia  23 Marzo 2017  617 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo socialista, Patricia Vilán, esixiu no Pleno de hoxe que a Xunta paralice o tendido de Fenosa na Fraga de Casas Vellas en Catasós, entre as localidades de O Irixo e Lalín, “en cumprimento coa normativa medioambiental autonómica”.

A deputada recordou que na pasada lexislatura o Grupo socialista xa presentou varias iniciativas parlamentarias reclamando a derrogación da autorización da liña e propoñendo o soterramento do trazado para evitar o impacto sobre o entorno. E que tamén foron os socialistas galegos os que obtiveron o cambio da postura do Concello, que pasou de estar do lado da empresa a negarse a conceder a licenza do proxecto.

Agora a xustiza dá a razón aos socialistas: o Xulgado do Contencioso - Administrativo nº 3 de Pontevedra ven de desestimar a demanda de Fenosa fronte ao Concello de Lalín, que se negaba a outorgar licenza para un proxecto que, a pesares de contar coa plena autorización do Goberno galego, incumpre a normativa ambiental autonómica.

Por este motivo, Vilán preguntou rexistrou hoxe unha pregunta oral en pleno á Xunta pola súa opinión sobre a sentenza, recordándolle que “está obrigada a paralizar o proceso expropiatorio, retomar a Declaración de Impacto Ambiental e esixirlle a Fenosa un novo proxecto que respecte a normativa ambiental”. E recordoulle que por mor da súa negativa a barallar outros trazados alternativos, e do seu apoio a Fenosa, “máis de 500 titulares de parcelas xa viron expropiados os seus terreos”.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...