Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A sección da Mesa en Bergantiños continuará coa recollida de sinaturas en distintos puntos da comarca durante as vindeiras semanas.

Bergantiños, 19 de marzo de 2017. A sección da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños comezou a recollida de sinaturas na comarca. Máis de 250 persoas mostraron, en Laxe, o seu apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para que a lingua galega conte cos dereitos que lle corresponden como lingua propia e oficial de Galiza.

Desde a sección comarcal da Mesa avanzaron que o seu obxectivo é “acadar os maiores apoios posíbeis en toda a comarca” e que para iso “estenderán a campaña a máis concellos de Bergantiños durante as vindeiras semanas”.

A Mesa de Bergantiños aposta pola colaboración de toda a veciñanza nesta campaña a prol dos dereitos do galego, para rematarmos con esta situación de indefensión e discriminación lingüística: “Resulta asombrosa a desigualdade no tratamento dos dereitos lingüísticos, pois mentres estes impedimentos serían ilegais e totalmente impensábeis co uso do castelán, é plenamente consentida cando se lles aplica aos galegofalantes”.

O responsábel da Mesa en Bergantiños, Xosé Cotelo, declarou que “malia que o idioma galego ten rango de lingua oficial, son moitas as veces en que somos obrigados a mudar de lingua durante as nosas relacións con empresas fornecedoras de gas, electricidade ou telefonía” e resaltou a importancia desta ILP “para rematarmos co menosprezo e coa discriminación á que nos vemos sometidos quen queremos facer uso da lingua galega”, para concluír animando a todas e a todos a continuar a apoiar a campaña que quere garantir o dereito a vivirmos na nosa lingua.

Texto da ILP: http://www.amesa.gal/wp-content/uploads/follassoltasa4ilpultima-pdf.pdf

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia tras fracasar en la petición de documentos públicos sobre los letrados y sus compatibilidades en el Concello de A Coruña...