O BNG trasladou ao Pleno os problemas de filtracións da rede de subministro de auga nalgúns garaxes da Rúa Rosalía de Castro

XornalGalicia  08 Marzo 2017  996 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

“A demora na solución dos problemas en Rosalía de Castro expón ao Concello a pagar cuantiosas indemnizacións.”

“A día de hoxe, sospeitamos que o Concello non ten enriba da mesa ningunha medida concreta”.

Betanzos, 8 de marzo de 2017. O  BNG e levou ao Pleno o malestar da veciñanza da rúa Rosalía de Castro a causa das filtracións en varios garaxes desta vía entre os números 20 ao 24. As nacionalistas instaron ao goberno a adoptar as medidas oportunas para eliminar as filtracións procedentes da rede municipal de saneamento.

O BNG recordou que estas queixas por filtracións non son novas. A veciñanza xa hai tempo que ven reclamando unha solución ao goberno local, pois entenden que a orixe esta nunha avaría na subministración da auga. “O concelleiro de urbanismo deu a entender no Pleno que as filtracións nos garaxes eran debidas a defectos estruturais dos propios edificios”, lembra o concelleiro do BNG, Henrique del Río.

Así, mentres o goberno insiste en que a responsabilidade é do construtor, as veciñas informaron ao BNG do parecer dos técnicos da empresa concesionaria do saneamento, que terían recoñecido á veciñanza que estas filtracións en realidade son debidas a unha avaría no entronque da rede de pluviais provinte da rúa Castelao.

Desde o BNG reclaman unha solución urxente a un problema “de anos” e advirte que esta demora, como noutras ocasións, pode expor ao Concello, “e por tanto a todas nós” a ter que pagar indemnizacións polos danos producidos no edificio a causa do mal funcionamento dun servizo municipal como é o saneamento.

“A día de hoxe, descoñecemos as medidas que pensa adoptar o Concello, pero moito nos tememos que só hai unha: botarlle a culpa a outro”, remata de xeito rotundo Henrique del Río.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...