Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Con ocasión da celebración, o 8 de marzo, do Día Internacional da Muller, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reivindica co lema #IgualdadeDePrensa o nome e a figura de compañeiras de profesión que fixeron posible un xornalismo menos machista. Con esta iniciativa, o Colexio quere sumarse á reclamación da igualdade de xénero nos medios de comunicación.

Como o resto da sociedade, o eido do xornalismo non é alleo á discriminación patriarcal, que se desenvolve de distintas maneiras: fendas salariais de xénero, teitos de cristal que impiden o acceso das mulleres a postos de dirección, acoso e violencia contra as comunicadoras... Entre estas estratexias da discriminación atópase a da invisibilización das mulleres, que deixou no esquecemento o labor e a herdanza de moitas xornalistas e que, aínda hoxe, minusvalora a capacidade de traballo de moitas compañeiras.

Para rachar con esta invisibilización, o Colexio de Xornalistas está a compartir estes días co hashtag #IgualdadeDePrensa os nomes, as imaxes e as historias de mulleres que contribuíron de maneira central ao desenvolvemento do xornalismo, como símbolo para reivindicar a igualdade plena de mulleres e homes nos medios.

Así, recupéranse nomes de mulleres como Gerda Taro, pioneira do fotoxornalismo de guerra, moitas de cuxas fotos foron atribuídas a Robert Capa, co que compartía pseudónimo. Ou como María Luz Morales, que en 1936 pasou de ser a única muller da redacción de La Vanguardia á primeira directora dun xornal en España. Ou como Oriana Falacci, cuxo estilo marcou un antes e un despois á hora de facer entrevistas. Nomes que é necesario reivindicar para termos unha historia xusta e garantirmos un futuro en igualdade para o xornalismo.

O Colexio de Xornalistas quere tamén aproveitar esta data para apelar á responsabilidade das persoas que ocupan as xefaturas de redacción e edición e ao seu compromiso para avanzar cara a un tratamento máis axeitado das noticias sobre violencia contra a muller, nas que se seguen a detectar eivas imperdoábeis nunha prensa libre, democrática e comprometida co desenvolvemento social dun país. A perpectiva de xénero debe ser un asunto transversal e cómpre, con urxencia, abordar as necesidades de formación neste eido de todas e todos os profesionais e tomar en serio a igualdade, reflectíndoa na estrutura e na organización interna das propias redaccións.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. http://www.xornalistas.gal/">www.xornalistas.gal Tel. 981 93 56 70 Fax 981 93 56 69

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...