Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

A asociación lamenta que este colectivo profesional volva ser excluído dos cursos da EGAP e da AGASP

José Ramón Fernández, presidente: “non é aceptable que non poidamos recibir formación en materia de seguridade ante o aumento das agresións que está a sufrir o noso colectivo”

2 de marzo de 2017.- A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA) reivindica o acceso deste colectivo profesional aos cursos que recentemente foron convocados pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Ademais, solicita unha maior oferta de formación específica na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP), xa que para este ano só inclúe un curso específico para os axentes destinados na Consellería de Medio Rural e ningún para os destinados na Consellería de Medio Ambiente.

Estas iniciativas de formación destínanse a axentes da Policía Nacional Adscrita e incluso a gardas privados de campo. En cambio, exclúen o persoal propio das Consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente, como son os axentes forestais e medioambientais.

O novo presidente de APRAFOGA, José Ramón Fernández, explica que “non é aceptable que a propia Administración á que pertencemos impida que os axentes forestais e medioambientais poidamos recibir cursos destinados a garantir a seguridade personal no noso traballo, tendo en conta que realizamos labores de vixilancia de colectivos armados”.

Esta discriminación incide na falta de protección como un mal endémico dos axentes forestais e medioambientais en toda España: “non nos permiten portar armas e carecemos de medios de defensa, polo que é esencial que poidamos acceder a un mínimo de formación, aínda que só sexa sobre as técnicas para afrontar verbalmente situacións complicadas que acotío se dan no noso traballo”, agrega José Ramón Fernández.

Por iso, APRAFOGA empraza á Xunta de Galicia a corrixir as convocatorias de cursos da EGAP e da AGASP para que en vindeiras edicións poidan participar os axentes forestais e medioambientais en igualdade de condicións con outros funcionarios públicos e abandone o esquecemento sistemático ao que está a someter os axentes forestais e medioambientais co claro obxectivo de substituílos por outros corpos.

Sobre APRAFOGA e os axentes forestais e medioambientais

A Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia está federada na Asociación Española de de Axentes Forestais e Medioambientais(AEAFMA), que á súa vez é integrante da International Ranger Federation (IRF). A entidade galega ten como obxectivos defender os intereses xerais deste colectivo profesional, que no conxunto da autonomía está conformado por uns 550 funcionarios dedicados á xestión, protección e defensa da natureza. No conxunto do Estado son uns 6.000.

Entre as actuacións destacables deste colectivo profesional, que acumula 140 anos de historia no noso país, figuran as relativas ás materias de caza, pesca fluvial e espazos protexidos, así como a xestión forestal e a loita contra os incendios forestais. O traballo efectuado polos axentes forestais e medioambientais ao longo da súa dilatada existencia permite que agora e no futuro a sociedade poida disfrutar dun patrimonio natural de valor incalculable.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

Miércoles, 20 Septiembre 2017
Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

La Asociación de Vecinos del Ventorrillo según fuentes de Xornal Galicia es la única Asociación de Vecinos de A Coruña que a recibido los fondos destinados a las asociaciones vecinales...