OS SOCIALISTAS ESÍXENLLE Á XUNTA QUE CUMPRA A LEI E GARANTA AS VISITAS AO PAZO DE MEIRÁS CANDO MENOS CATRO DÍAS AO MES

XornalGalicia  02 Marzo 2017  623 visitas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Concepción Burgo afirma que “non poden permitirse actitudes que semellan un trato de favor á familia Franco” por parte de Consellería de Cultura

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 17. A portavoz de Cultura do grupo socialista, Concepción Burgo, vén de rexistrar no Parlamento varias iniciativas para esixirlle á Xunta que cumpra coa obriga legal recollida na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e garanta a visita pública gratuíta ao Pazo de Meirás cando menos catro días ao mes. Burgo lembra que desde que o pazo foi declarado BIC, a familia Franco “non fixo outra cousa que poñer impedimentos”, e afirma que “non poden permitirse actitudes que semellan un trato de favor á familia Franco” por parte da Consellería de Cultura.

A verdade é que nunca houbo normalidade nestas visitas, chegando incluso a Consellería de Cultura a pagar, durante un tempo, con cartos públicos á empresa de seguridade que os Franco esixiron para abrir o pazo”, explica a socialista. Agora, engade, está sendo imposible visitar o pazo, xa que cando se chama ao teléfono que se ofrece na web de turismo da Xunta para concertar unha visita soa unha mensaxe dicindo que ese número non existe. E cando non xorde un problema para conectar por teléfono, contestan que o cupo de visitas está esgotado. “Sempre está esgotado, se chame cando se chame, nun claro atranco para non permitir a entrada”, denuncia.

A todo isto hai que engadirlle a negativa dos Franco a que o Pazo sexa visitado en agosto, como poñen de manifesto os socialistas nas súas iniciativas. “Esta situación provoca múltiples queixas da cidadanía, de asociacións da Memoria Histórica e do Concello de Sada, que se ve prexudicado económica e turísticamente”, afirman. O mesmo Concello propuxo á Xunta de Galicia xestionar o réxime de visitas, pero isto non foi permitido polo goberno galego. “Cremos que a Xunta ten que facer cumprir a lei a calquera cidadán”, afirma Burgo, que reclama respostas sobre a situación actual e as medidas que o goberno galego ten pensado tomar ao respecto.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...