Un total de 13 espectáculos convértense en finalistas dos XXI Premios de Teatro María Casares

XornalGalicia  01 Marzo 2017  747 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As obras que acaparan maior número de nomeacións son ‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e FIOT Carballo, que aspira a 11 galardóns, e ‘Eroski Paraíso’, de Chévere, que opta a 8. Pola súa banda, ‘Raclette’, de Ibuprofeno Teatro, e ‘Voaxa e carmín’, de ButacaZero, optan a 5 María Casares

O premio ao mellor espectáculo decidirase entre ‘O tolleito de Inishmaan’, ‘Eroski Paraíso’ e ‘Raclette’, mentres que ‘A nena que quería navegar’, de Redrum Teatro, ‘Pavillón Lino’, de Caramuxo Teatro, e ‘Danza da choiva’, de Elefante Elegante competirán polo galardón ao mellor espectáculo infantil

1 de marzo de 2017-. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os/as nomeados/as aos XXI Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 29 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer na Festa dos Nomeados/as, deste 2017. O Salón Teatro de Santiago acolleu esta tarde o acto, presentado pola actriz e vogal da entidade Nieves Rodríguez, ao que acudiron a maior parte dos/as profesionais finalistas deste 2017. Rodríguez, na súa presentación, destacou que durante a inscrición aos premios un total de 44 espectáculos e ao redor de 400 profesionais, presentaron as súas candidaturas, sendo as cifras rexistradas máis altas ao longo da historia dos María Casares.

En total de 13 espectáculos acadaron algunha nomeación nos catorce apartados nos que se dividen os María Casares: maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación-tradución, texto orixinal, escenografía, actriz secundaria, actor secundario, actriz protagonista, actor protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

O tolleito de Inishmann, coprodución de Contraproducións e o FIOT Carballo, converteuse neste 2017 na produción con maior número de finalistas ao obter un total de 11 nomeacións. Pola súa banda, Eroski Paraíso, de Chévere, aspira a 8 galardóns. Raclette, de Ibuprofeno Teatro, opta a 5 premios. Estas tres producións teatrais disputaranse os apartados á mellor espectáculo e dirección.

Voaxa e Carmín, de ButacaZero, tamén aspira a levar 5 premios María Casares, mentres que Foucellas, de Talía Teatro, competirá en 3 categorías.

Os espectáculos A nena que quería navegar, de Redrum Teatro, e Os amores de Jacques o fatalista, de Producións Teatráis Excéntricas, optan a 2 María Casares.

Finalmente, optando a 1 galardón atópanse Xurdefet (Jour de Fête), de Berrobambán; Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro; Tartufo, do Centro Dramático Galego; Get Back, de Eme2 Producións; Danza da Choiva, de Elefante Elegante, e Os Rockenstein, de Malasombra Producións.

Cada espectáculo aspira aos premio nas seguintes categorías (entre parénteses, número de premios ao que optan):

1. O tolleito de Inishmaan (11): espectáculo, dirección (Cándido Pazó), actor protagonista (Santi Romay), actriz secundaria (por partida dupla: Susana Dans e María Roja), actor secundario (Evaristo Calvo), adaptación/tradución, escenografía, maquillaxe, vestiario e iluminación.

2. Eroski Paraíso (8): espectáculo, dirección (Xesús Ron), actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), actor protagonista (Miguel de Lira), actriz secundaria (Cristina Iglesias), texto orixinal, iluminación e música orixinal.

3. Raclette (5): espectáculo, dirección (Santiago Cortegoso), actor secundario (por partida dupla: Toni Salgado e Salvador del Río) e texto orixinal.

4. Voaxa e Carmín (5): actriz protagonista (por partida dupla: Mabel Rivera e Belén Constenla), texto orixinal, maquillaxe e vestiario.

5. Foucellas (3): escenografía, iluminación e música orixinal.

6. A nena que quería navegar (2): espectáculo infantil e vestiario.

7. Os amores de Jaques o fatalista (2): adaptación/tradución e música orixinal.

8. Tartufo (1): actor protagonista (César Cambeiro).

9. Xurdefet (Jour de Fête) (1): adaptación/tradución.

10. Pavillón Lino (1): espectáculo infantil.

11. Get back (1): escenografía.

12. Danza da choiva (1): espectáculo infantil.

13. Os Rockenstein (1): maquillaxe

Na Festa dos Nomeados participaron, ademais, os e as representantes dalgunhas das diferentes institucións que colaboran na organización dos premios: A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic-Consellería de Cutura, Educación e Ordenación Universitaria-Xunta de Galicia), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE. Deste xeito, entregáronlles aos nomeados e nomeadas os diplomas Jacobo Sutil, director da Agadic; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Yolanda Pereira, coordinadora da Delegación AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), e Patricia Blanco, en representación da Fundación SGAE. Pola súa banda, o presidente da AAAG, Ernesto Chao, na súa intervención destacou a participación deste ano e a calidade dos espectáculos.

FINALISTAS XXI PREMIOS MARÍA CASARES 2017

Mellor Maquillaxe

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Martina Cambeiro

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

Trini F. Silva

Os Rockenstein

Malasombra Producións

Trini F. Silva

Voaxa e Carmín

ButacaZero

     

Mellor Vestiario

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Carlos Alonso / Belén Pichel

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

Diego Valeiras

A nena que quería navegar

Redrum Teatro

Mari Seoane

Voaxa e Carmín

ButacaZero

 

   

Mellor Escenografía

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Carlos Alonso

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

Dani Trillo

Foucellas

Talía Teatro

Suso Montero

Get Back

Eme2 Producións

 

   

Mellor Iluminación

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Afonso Castro

Foucellas

Talía Teatro

Afonso Castro

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

Fidel Vázquez

Eroski Paraíso

Chévere

 

   

Mellor Música Orixinal

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Manuel Riveiro

Foucellas

Talía Teatro

Piti Sanz

Os amores de Jacques o fatalista

Producións Teatráis Excéntricas

Terbutalina

Eroski Paraíso

Chévere

 

   

Mellor Adaptación/Tradución

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Cándido Pazó, Santi Romay e Alberto Rodríguez

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

Paula Carballeira

Xurdefet (Jour de Fête)

Berrobambán

Quico Cadaval

Os amores de Jacques o fatalista

Producións Teatráis Excéntricas

     

Mellor Texto Orixinal

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Esther F. Carrodeguas

Voaxa e Carmín

ButacaZero

Manuel Cortés

Eroski Paraíso

Chévere

Santiago Cortegoso

Raclette

Ibuprofeno Teatro

     

Mellor Actriz Secundaria

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Cristina Iglesias

Eroski Paraíso

Chévere

María Roja

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

Susana Dans

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

 

   

Mellor Actor Secundario

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Evaristo Calvo

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

Salvador del Río

Raclette

Ibuprofeno Teatro

Toni Salgado

Raclette

Ibuprofeno Teatro

 

   

Mellor Actriz Protagonista

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Belén Constenla

Voaxa e Carmín

ButacaZero

Mabel Rivera

Voaxa e Carmín

ButacaZero

Patricia de Lorenzo

Eroski Paraíso

Chévere

 

   

Mellor Actor Protagonista

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

César Cambeiro

Tartufo

Centro Dramático Galego

Miguel de Lira

Eroski Paraíso

Chévere

Santi Romay

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

     

Mellor Dirección

   

candidat@

Espectáculo

Compañía

Cándido Pazó

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

Santiago Cortegoso

Raclette

Ibuprofeno Teatro

Xron

Eroski Paraíso

Chévere

     

Espectáculo Infantil

   

 

candidat@

Compañía

 

A nena que quería navegar

Redrum Teatro

 

Danza da Choiva

Elefante Elegante

 

Pavillón Lino

Caramuxo Teatro

     

Mellor Espectáculo

   

 

candidat@

Compañía

 

Eroski Paraíso

Chévere

 

O tolleito de Inishmaan

Contraproducións SL /FIOT Carballo

 

Raclette

Ibuprofeno Teatro

Asociación de Actores e Actrices de Galicia e os Premios María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa na actualidade a 300 profesionais do audiovisual e das artes escénicas de Galicia. A súa misión é articular, desenvolver e promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais. O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público.

Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia no ano 1997 co obxectivo de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro existente neste eido.

Os galardóns constan de catorce categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do pano, ademais do Premio de Honra Marisa Soto, que recoñece a traxectoria profesional do galardoado/a. A Xunta Directiva da AAAG é a encargada de outorgar o citado galardón.

Aspiran aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas que foran estreadas en Galicia entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesión, así como todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo.

O portal da Asociación é www.aaag.gal

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...