Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  • Poemas da escritora serán musicados por Roi Casal e recitados por Rosalía F. Rial, Ánxeles Penas e os académicos Marilar Aleixandre, Salvador García-Bodaño e Luz Pozo. Tamén se interpretarán composicións dedicadas á homenaxeada dos tres e de Ánxeles Penas
  • A RAG comparte na Rede a súa colección de retratos de Rosalía

 A Real Academia Galega celebrará esta tarde un acto musical e literario en homenaxe a Rosalía de Castro nas vésperas do 180 aniversario do seu nacemento. Versos de Cantares gallegos e Follas novas, xunto a outros dedicados á poeta fundacional das letras galegas contemporáneas, encherán o salón de actos da sede da institución a través da música de Roi Casal e das voces dos membros da RAG Marilar Aleixandre, Salvador García-Bodaño e Luz Pozo, e das tamén poetas Rosalía Fernández Rial e Ánxeles Penas.

Tras a presentación do acto a cargo da nova académica de número Marilar Aleixandre, Roi Casal interpretará “Ninfa das frescas augas”, a súa lectura musical do poema XXVI de Cantares gallegos. O arpista poralles tamén música aos poemas II e X desta obra, na peza que titula “Rosa”, e “Tecín soia a miña tea”, de Follas novas; ademais de interpretar outras dúas composicións. Unha delas “A fortuna de poder amar”, con letra e música propias, poralle o ramo ao acto.

Os académicos Marilar Aleixandre, Salvador García-Bodaño e Luz Pozo achegarán tamén creacións propias en homenaxe a Rosalía. A primeira lerá, ademais de versos de “Follas Novas!”, o seu poema “Arrenego das pombas”; Salvador García-Bodaño declamará “Alas de ausencia te abranguen”, “Nesta chaira da noite pecha de Bastavales” e “…pois que vés como a choiva e maina anegas”; e Luz Pozo agasallará o público con outro poema de seu inspirado en Rosalía de Castro.

Ánxeles Penas daralles voz aos poemas rosalianos a “Adiós ríos, adiós fontes” e “Ladraban contra min que camiñaba”, e mais a outro propio titulado “Do mar pola orela mireina pasa”, que toma o seu nome dun dos versos da poesía que lle dedicou Curros Enríquez á escritora tras o seu pasamento. Pola súa banda, Rosalía Fernández Rial lerá “Daquelas que cantan”, “Tal coma as nubes” e un fragmento de “Ti a feiticeira”.

Colección de retratos

A homenaxe desta tarde non é a única iniciativa da Academia arredor do aniversario da escritora fundacional das nosas letras contemporáneas, nada o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela. O Arquivo da institución puxo a disposición do público a comezos deste mes a súa colección de imaxes da autora, a máis completa das existentes.

A maioría dos documentos incorporados son fotografías de Rosalía de Castro en distintos momentos da súa vida, entre elas a realizada polo estudio coruñés de Sellier http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=462889">convertida nunha das súas imaxes máis coñecidas, na que aparece cun chapeu de plumas. O mesmo retrato, feito nos primeiros anos da década de 1880, pode verse nunha copia en forma de óvalo e http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=462834">noutra reprodución sobre o debuxo dunha tea.

http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=462656">Rosalía sendo aínda unha moza, no ano 1855, fotografada por Mr. Encausse et Cie -con estudio na rúa do Vilar de Santiago de Compostela-, un retrato realizado entre 1865 e 1875 ou a fotografía na que http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=462895">a escritora posa coa familia no exterior Casa da Matanza en xullo de 1884 son tamén parte das imaxes que incrementan os documentos da RAG dixitalizados dispoñibles a través de Galiciana.

A fotografía do http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=463095">retrato pintado por Ricardo Camino e unha http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=463080">tarxeta publicitaria de Ceregumil con debuxo e biografía de Rosalía datada entre 1910 e 1920 completan a relación de documentos.

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#Transparencia de #XulioFerreiro una #BurlaNegra del #fuel que mancha #MaríaPita bajo una #faltadeprestige total

#Transparencia de #XulioFerreiro una #BurlaNegra del #fuel que mancha #MaríaPita bajo una #faltadeprestige total

@XulioFerreiro da entrada a la Participación ciudadana, pero metiendo el dinero público en manos de empresas amigas para adoctrinar y convertir a la ciudadanía en militantes de Marea Atlántica con...