Unha tese estuda as particularidades do estilo directo, fenómeno lingüístico único na lingua española

XornalGalicia  30 Enero 2017  835 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Noelia Estévez Rionegro defendeu o seu traballo de doutoramento nun acto no Paraninfo da Universidade

Elemento común tanto nas noticias dos medios de comunicación como na literatura, o estilo directo é un fenómeno lingüístico que se revela como único na lingua, sen correspondencia con ningún outro tipo de enunciado en español. A singularidade destes enunciados que reproducen de xeito fiel as palabras pronunciadas por alguén atópase no celme da tese de Noelia Estévez Rionegro, cualificada sobresaliente cum laude e que analizou tres mil cincocentos enunciados de estilo directo co obxecto de avaliar a correspondencia entre a lingua cotiá e as teorías que a regulan.
A pesar de ser un tema amplamente investigado, “non existe un acordo en canto á caracterización do estilo directo como construción gramatical”, explica a investigadora. “As teorías máis tradicionalistas, como as da propia Real Academia Española, chocan coas defendidas noutras gramáticas descritivas do español ou en estudos específicos sobre o tema”, engade Noelia Estévez, se ben “ningunha delas está exenta de crítica nin logrou o consenso entre lingüistas”. Ante esta situación a tese da xa doutora Estévez Rionegro propuxo explorar a lingua en uso e tratar de verificar se algunha das hipóteses anteriores funciona na lingua real.
Para o desenvolvemento do traballo, Estévez Rionegro avaliou arredor de tres mil cincocentos enunciados de estilo directo tomados da lingua oral, xornalística, narrativa e teatral. Aplicoulle unha tripla análise que atende a outros tantos aspectos nos que as teorías anteriores non concordan e que implica aplicar criterios de tres disciplinas da Lingüística: semántica, sintaxe e análise de discurso.
O resultado da análise “mostra unha realidade lingüística diferente á recollida na maioría dos estudos precedentes e ningunha das teorías defendidas acaba de retratar na súa totalidade o uso real que os falantes e escritores fan deste procedemento da cita”. A existencia dun “considerable número” de exemplos que non poden explicarse de acordo cos preceptos da gramática do español leva a Noelia Estévez Rionegro a considerar a gramática doutras linguas, especialmente da inglesa pola súa “recoñecida actividade investigadora en Lingüística”, e así indagar nas solución que achegan. “É unha teoría que ninguén aplicou a estes enunciados, xa que os estudos precedentes céntranse nas archicoñecidas teorías de subordinación e xustaposición” acalara a investigadora.
Aínda que o repaso bibliográfico mostra unha situación de disquisición similar á do español, Noelia Estévez atopou certos preceptos que, aínda que a gramática do inglés emprega para outros aspectos da lingua, “son aplicables ao estilo directo en español e permiten explicar a cuestións daqueles outros nos que as teorías precedentes non funcionan”.
Co título ‘Las construcciones de estilo directo en español. Estudio de corpus, Noelia Estévez Rionegro defendeu a súa tese ante un tribunal composto por María Antonia Martín Zorraquino (Universidade de Zaragoza), María Mercedes Sedano Gutiérrez (Universidade Central de Venezuela) y María Paula Santalla del Río (USC). Este traballo de doutoramento co dirixírono Belén López Meirama e Tomás Jiménez Juliá e obtivo por unanimidade a máxima cualificación.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...