Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Feijóo ten que dar explicación sobre as indemnizacións dos directivos e pola venda precipitada de NovaGalicia Banco

  • “Feijóo foi cómplice necesario porque modificou a lei para darlles aos ex directivos un ano máis de mandato que aproveitaron para adxudicarse as indemnizacións”, explica
  • “Temos dereito a que a Comisión funcione sen mordazas” para poder coñecer toda a verdade do saqueo do sistema financeiro galego, salienta

O BNG pide a comparecencia do presidente da Xunta na Comisión de investigación das caixas, que hoxe quedou constituída no Parlamento, ao consideralo responsable político das indemnización millonarias e ilegais que se adxudicaron os ex directivos destas entidades, así como da venda apresurada de NovaGalicia Banco que deixou Galiza sen sistema financeiro propio.

“Pedimos que compareza o presidente da Xunta para explicar algunhas cuestións que están de actualidade e que desde o BNG pensamos que sinalan directamente a súa responsabilidade en dous asuntos que consideramos moi graves”, explicou Pontón.

Por un lado, “as indemnizacións dos directivos das caixas nas que Feijóo foi cómplice necesario porque os blindou modificando a lei para darlles un ano máis de mandato, que foi o tempo que utilizaron para facer esas ilegais indemnizacións”, argumentou.

É máis, Pontón fixo referencia a un “pacto de silencio” sobre esta cuestión. “Eu non me podo crer que non houbese un pacto nese sentido, que Feijóo non fose perfectamente consciente do que se estaba tramando nas caixas e para que lles concedía ese ano de prórroga  aos altos cargos, non sei se ese era o prezo do silencio”.

A outra cuestión clave que o BNG considera necesario investigar na comisión é a venda apresurada de NovaGalicia Banco, na práctica un agasallo que deixo Galiza sen sistema financeiro propio.

“Queremos saber cal foi o custe real para rescatar as caixas e porque, sen que houbese ningunha razón que o aconsellara, se precipitou a venda. De non terse feito, hoxe teriamos unha entidade galega que estaría dando beneficios recuperando parte do invertido é, ao mesmo tempo, teríamos un mecanismo fundamental para a economía do país”, argumentou Pontón.

Polo tanto, o BNG considera que a comisión de investigación ten “un importante traballo por realizar” e ten dereito a facelo sen “mordazas” por parte do PP, e iso implica, avanzou a dirixente nacionalista, unha nova fase de comparecencias entre elas a do presidente galego. “Non podemos ter corsés á hora de investigar todos os asuntos relacionados coa desaparición do sistema financeiro galego”, reclamou.

“Temos dereito a coñecer toda a verdade e que o primeiro que ten que vir a comparecer á comisión é o propio Núñez Feijoo, que ten moito que explicar porque ten moitas responsabilidades tanto no que se refire ás indemnizacións dos ex directivos como no desmantelamento do sistema financeiro no noso país”, concluíu.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...