Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Deputación de Pontevedra acaba de convocar o concurso público para a venda ou constitución dun dereito de superficie de 48 parcelas do polígono de Barro-Meis, que suman 157.263 metros cadrados que aínda están sen ocupar.

As empresas interesadas teñen ata o día 4 de febreiro para presentar as súas ofertas sobre calquera das 48 parcelas que aínda están libres no polígono de Barro-Meis, tras a ocupación de 25 e a instalación do viveiro de empresas e o centro de apoio empresarial da propia institución provincial. Hoxe mesmo comezou o prazo de presentación das ofertas, ao recoller o Diario Oficial de Galicia o anuncio oficial da convocatoria, tras a aprobación do concurso no pasado Pleno da Corporación provincial, o día 28 de decembro.

Estas novas parcelas teñen un prezo de saída de 99 euros (máis o IVE correspondente) e supoñen distintas superficies, comprendidas entre os pouco máis de mil cincocentos metros cadrados ata os máis de seis mil. As parcelas poden ser adquiridas en propiedade ou coa nova fórmula de constitución dun dereito de superficie, cun mínimo de cinco anos e un máximo de 25 anos, con opción final de compra da mesma parcela.  

Para a adxudicación das parcelas valoraranse, en primeiro lugar, o prezo ofertado, cun mínimo de 99 euros; as condicións medio ambientais do proxecto; o investimento económico previsto; e o interese social do proxecto, en función do número de empregos que se van crear. Ofrécese tamén a posibilidade, en atención á situación económica actual, de que o pago do prezo final se poida realizar nun prazo de dez anos.

Na actualidade, o polígono de Barro-Meis ocupa unha superficie de preto de noventa e nove mil metros cadrados de superficie, tras a venda das primeiras 25 parcelas a once empresas para a instalación das súas dependencias. Ademais, o polígono conta co viveiro de empresas e o centro de apoio empresarial dependentes da propia Deputación de Pontevedra.

O polígono ten unha superficie de preto de medio millón de metros cadrados no concello de Barro, xunto á autoestrada AP-9, dos que aproximadamente 261.000 metros están dedicados á actividade empresarial e o resto a vías, aparcadoiros, zonas verdes e equipamentos públicos e reservas para infraestruturas.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...