Comunicado Veciños de Monterrei PXOM

XornalGalicia  03 Enero 2017  931 votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Plan Xeral de ordenación municipal (PXOM) do Concello de Monterrei, ven de ser
anulado por sentenza do Tribunal Supremo con data 12 de decembro de 2016,
notificada as partes o 16 de decembro de 2016.
Dito plan foi aprobado en sesión plenaria o día 7 de febreiro de 2014, e publicado no
DOG o día 19 de febreiro de 2014.
Dende Veciños de Monterrei vóltase a ver a incapacidade do Sr. Alcalde, o intentar
culpar a terceiras persoas de erros propios. Nesta volta intenta atribuír a culpa de esta
sentenza os tres veciños do noso Concello, que cos seus recursos económicos e
amparados nas leis, denunciaron dito PXOM.
No citado PXOM, vense diversos casos de favoritismos. Uns deles son, cando no
medio das aldeas, se deixan ocos como solo rústico e sen embargo estenden o
planeamento douscentos metros cara as aforas, e así favorecer a uns poucos veciños,
da mesma maneira utilizouse o PXOM para encubrir, a lo menos tres licenzas ilegais,
as mesmas, estanse a estudar xuridicamente por parte dos asesores legais da
Agrupación Veciños de Monterrei por se pode haber algún tipo de responsabilidade
penal.
O Tribunal Supremo, con esta sentenza, deixa de manifesto outra vez, a incapacidade
por parte do equipo de goberno municipal e da Xunta de Galicia aprobando dito
PXOM. O Sr. Alcalde e o seu equipo hipoteca así o presente e futuro do noso
concello, a lo menos dous anos mais ate aprobar un novo PXOM, sen contar o
importante investimento económico que custou a redacción dun PXOM inservible a
vista do tribunal supremo.
Tamén constatamos a política de cara a galería, de facer que fago do Sr. Alcalde de
Monterrei, que o mesmo día de comunicación da sentenza sae nun diario, unha
casualidade moi casual... comunicando que iniciaba os trámites para facerse coa
propiedade do balneario de Requeixo. O mesmo poderíamos dicir do “futuro”
Polígono Industrial, outro mais, o Sr. Alcalde tan só por ter a conciencia tranquila, di
cousas como: “nos” facemos polígonos, e si non veñen as empresas é culpa
delas.Agora xa ten a desculpa: prometeu o polígono e non o pode facer por culpa da
sentenza do Tribunal Supremo.
Finalmente, desde Veciños de Monterrei esiximos que o grupo de goberno se poña xa
a traballar e convoque a todos os grupos políticos, asociacións de veciños, xuntas de
montes, etc. para escoitar as demandas reais de todos, para ter canto antes un novo
plan urbanístico que respecte a legalidade, que reparta a edificabilidade entre todos os
pobos do concello e responda verdadeiramente as necesidades dos veciños.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro sigue "haciendo negocios con su marea atlántica adjudicándose contratos públicos" según denuncia la Voz de Galicia

Jueves, 28 Septiembre 2017
Xulio Ferreiro sigue "haciendo negocios con su marea atlántica adjudicándose contratos públicos" según denuncia la Voz de Galicia

La mitad de los fondos destinados a proyectos, mediación y comunicación del Laboratorio Cidadán Co-Lab, impulsado por la concejalía de Participación, han sido adjudicados por el gobierno local de la...