Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A membro da dirección de EU e vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia por En Marea sinalou que, con estes Orzamentos para o 2017, o PP segue a consolidar a pobreza e a instaurar un réxime de perda de dereitos sociais e laborais.

Compostela, 09 de decembro de 2016. Esta mañá, Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia por En Marea, valorou en Compostela os Orzamentos Autonómicos da Xunta de Galicia para o 2017. Segundo a deputada, “con estas cifras se consolidan as contas da pobreza e da degradación das condicións de acceso ao servizos públicos para a cidadanía, xa que se manifesta un exiguo incremento orzamentario que non suple o amontoado en recortes, que xa acumula preto dun 21% dende 2009”.

“A recuperación económica anunciada é unha falacia e o PP non se cansa de trasladar uns datos macroeconómicos que, segundo eles, benefician a unha maioría social que nós non sabemos cal é. A realidade é que, a pesar dun 21% de recortes nestes anos, só vemos un incremento orzamentario en un 2,9% do que habería que retraer o 1,2% da previsión do IPC. Polo tanto, se consolida a perda de dereitos sociais e laborais e non se recupera o emprego, polo que tíñamos razón cando dicíamos que esta crise era unha estafa”, lembra Eva Solla.

“Nós, dende Esquerda Unida, levamos defendendo a eliminación completa da lei 1/2012, do 29 de febreiro, na que se establecían unha serie de medidas, a priori temporais, para as traballadoras e os traballadores do emprego público, que están a esperar a súa derrogación completa, xa que lles deixa sen importantes dereitos laborais. Nós, igual cos sindicatos, esiximos a derrogación desta Lei, que na práctica supón un brutal recorte e agresión aos dereitos laborais”, sinala.

“No que ten que ver coas contas dos orzamentos, levamos un acumulado de case un 9,6% de recortes en sanidade, educación e servizos sociais e non hai ningún plan para recuperar as prazas amortizadas por parte da Xunta de Galicia, polo que non hai interese en fornecer o emprego de calidade e o emprego en condicións fixas para os profesionais”, explica Eva Solla.

“Nos últimos anos o incremento das partidas de promoción de emprego é practicamente de risa cando nos últimos anos o recorte ten sido do 42% dende o acumulado de 2009. Dende a entrada de Feijóo se teñen destruído uns 161.000 postos de traballo e un de cada tres galegos e galegas que traballan, son traballadores pobres. É bastante vergoñento que non existan medidas no orzamento dedicadas a paliar esta situación”, reflexiona.

“Hai outro dato que é moi sanguento e que debería abrir os titulares da prensa é que a pesar de que Galicia é a primeira comunidade con máis sinistralidade laboral, levamos un acumulado de recorte do máis do 96% nas partidas que teñen que ver coa mellora de saúde e seguridade no traballo. Isto é indecente. As nosas traballadoras e traballadores non só teñen que soportar o paro e os recortes salariais derivados das reformas laborais do PP, senón que soportan unha sinistralidade laboral que se acompaña de máis recortes, polo que non se están a tomar as medidas oportunas para a protección das traballadoras e traballadores. Este é o goberno que traballa en contra da clase traballadora e dos seus dereitos. Tamén este é o Goberno da débeda pública, que chegou a 10.600 millóns de euros e non se está a empregar para paliar os recortes acumulados en servizos públicos”.

Finalmente, “a valoración que dende Esquerda Unida facemos dos orzamentos é a consolidación da pobreza, da perda dos dereitos sociais e laborais e, polo tanto, a instauración dese réxime de perda de dereitos sociais e laborais que, se o PP segue a gobernar , veñen para quedarse”, remata. 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...