Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e co coordinador dos sectores gandeiros da organización agraria, Xabier Gómez Santiso, mantiveron hoxe, 21 de novembro, unha xuntanza de traballo co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, para abordar a problemática do baleiro deixado pola Xunta de Galicia na formación profesional de labregos e labregas por mor dos recortes.

O encontro habería que enmarcalo nunha rolda de contactos iniciada pola organización agraria, na que se están a manter xuntanzas con outras institucións (concellos, deputacións, etc.) de cara a conseguir apoios para o desenvolvemento de actividades formativas indispensables para o desenvolvemento profesional no eido agrario.

A través desta campaña, o Sindicato Labrego Galego, co apoio das entidades públicas coas que está a asinar convenios de colaboración, tenta contribuír a encher o baleiro deixado pola administración no eido das actividades formativas profesionais no agro por mor dos recortes, o que supón, unha vez máis, unha privatización de servizos. Hoxe en día, a formación que antes era gratuíta ou subvencionada, agora debe ser custeada integramente polas persoas interesadas. Esta problemática agudízase no rural, xa que o dispendio económico agrávase pola obriga do alumnado a desprazarse longas distancias, cando non pola imposibilidade de asistir presencialmente aos cursos.

Un bo exemplo disto que foi amplamente tratado no encontro entre Isabel Vilalba e Darío Campos son os cursos de incorporación de xente moza á actividade agraria. Trátase dunha formación obrigatoria con grande demanda na provincia de Lugo que permite acceder ás axudas de primeira instalación de agricultoras e agricultores mozos, indispensables se queremos garantir o relevo xeracional nas granxas que se manteñen en activo hoxe en día. Evidentemente, este tipo de formación é moi completa e custosa e non é posible sen un apoio económico que permita impartir os cursos de maneira gratuíta ou a prezos populares.

Fomento da agroecoloxía e dun modelo agrario alternativo ao dominante

Para o Sindicato Labrego Galego, a formación non só é necesaria para que os e as profesionais do agro teñan as aptitudes suficientes para levar a cabo competentemente a súa profesión. Ademais, a nosa proposta formativa supón unha alternativa ao actual modelo agrogandeiro e forestal dominante, que se basea en criterios produtivistas cuxo obxectivo é proporcionar materia prima barata ás industrias alimentarias e forestais e que é extremadamente vulnerable a crises de prezos como a que padecemos na actualidade.

Pola contra, dende o SLG apostamos por uns contidos formativos baseados en criterios como a sustentabilidade, a extensificación das producións, a vinculación e conservación do territorio onde se desenvolva a profesión agrogandeira ou forestal, e o aproveitamento dos recursos locais. É dicir, formamos labregos e labregas dende o punto de vista da agroecoloxía, ofrecendo unha formación alternativa ao discurso máis común nas zonas agrogandeiras do país. E boa expresión de todo isto, é a oferta formativa que estamos a ofrecer dende o SLG: agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica, produción de forraxes, fertilización de cultivos, prevención de riscos, introdución á recollida de cogomelos, elaboración de fitosanitarios naturais, recolección e conservación de sementes, conservas vexetais, a horta familiar ecolóxica, informática aplicada e explotación ecolóxica.

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Ciudadanos (Cs) acusa al Gobierno de Xulio Ferreiro y denuncia el abandono del entorno de la Torre de Hércules.

Ciudadanos (Cs) acusa al Gobierno de Xulio Ferreiro y denuncia el abandono del entorno de la Torre de Hércules.

A Coruña, 20 Abril 2017. Ciudadanos (Cs) A Coruña denuncia la lamentable situación del entorno de la zona de la Torre de Hércules por falta de mantenimiento.